Partido Popular de Lugo

Arias premia a capacidade de traballo do seu equipo e decántase por una lista continuista

Bóveda, 22 de abril de 2015.- O candidato do PP á alcaldía de Bóveda e actual rexedor, José Manuel Arias, presentou hoxe de xeito oficial a candidatura coa que concorre ás eleccións municipais do vindeiro 24 de maio.

José Manuel Arias, quen exerce de rexedor en Bóveda dende o ano 1999, premiou o traballo levado a cabo polo seu equipo nesta lexislatura e decantouse por elaborar unha lista continuista.

“Son persoas que reúnen experiencia, xuventude e contan cunha gran capacidade de traballo ”- afirmou o popular, quen resaltou a labor feita nesta lexislatura en tódolos eidos, especialmente, no tocante ao tecido empresarial.

O candidato popular agradeceu ao seu equipo o traballo feito nestes anos e deixou claro que seguirán na liña emprendida ata o de agora: traballando polos veciños de Bóveda e polo municipio.

CANDIDATURA PP DE BÓVEDA

José Manuel Arias López
José Luis Rivera Saco
Dionisio Blanco Rubiños
Francisco Javier Domínguez López
Natividad Rodríguez López
Cristina Juiz López
Patricia López López
José Manuel Carballo Pérez
Pilar Valcárcel Pérez

SUPLENTES

Iván Rodríguez Puente
Manuela López López
Cintia Vidal López
Manuel Sarmiento López
Vanesa López González
Patricia Rivera Lorenzo