Partido Popular de Lugo

PP de Láncara presenta unha lista renovada para establecer políticas participativas e próximas aos veciños

Láncara, 19 de abril de 2015.- O presidente provincial, José Manuel Barreiro deu a coñecer esta mañá a candidatura do PP de Láncara que estas municipais estrea cabeza de lista.

O número un dos populares lucenses definiu a lista que encabeza Santiago Cubillas como un equipo de persoas moi válidas, con moitas ganas de traballar pola localidade e polos  veciños e veciñas. Asemade salientou a variedade dos integrantes e puxo en valor o feito de que figuren expertos en diversos sectores.

Pola súa banda, o alcaldable, Santiago Cubillas, quen sempre se mostrou partidario do traballo en equipo, explicou que á hora de elaborar a lista, apostou por incluír caras novas, mulleres en postos de saída,  mozos e mozas para dar aire fresco e veteranos para aportar experiencia.

“Todos son diferentes, cada un aporta algo especial e distinto pero todos teñen algo en común: ilusión e ganas de asumir responsabilidades e traballar a prol de Láncara”- explicou o alcaldable.

O popular concluíu, comprometéndose e deixando claro que a agrupación local continuará dando estabilidade e credibilidade aos veciños, levando a cabo unha xestión dos recursos de maneira eficiente e racional.

CANDIDATURA PP DE LÁNCARA

Santiago Cubillas Álvarez
Asunción Núñez Valcárcel
José Manuel Neira Castro
Daniel Antonio Fernández Fernández
Óscar Martínez Rubio
José Manuel Fernández Goyanes
José Manuel Rivas Sadradín
Juan Carlos Folgueiras Pardo
José Antonio Villaverde Rivas
Francisco Javier Armada López
José Enrique Cajiao Bonome

SUPLENTES

Víctor Manuel López López
Pedro Rego López
José Luis Iglesias Álvarez
Patricia López García
María Pilar Teixeira Cabado
Manuel Neira Martínez
Inés Reinoso Goncalves
Manuel Capón Amado
María Fe Vilar Seijas
Humberto López Valcarcel