Partido Popular de Lugo

Cela comprométese a traballar “con todos e para todos” para conseguir un Becerreá mellor

Becerreá 19 de abril de 2015.- O presidente provincial, José Manuel Barreiro, comezou hoxe a xornada de presentación de candidaturas na montaña lucense. Na casa da cultura de Becerreá, o líder dos populares lucenses fixo oficial a candidatura que concorre ás eleccións municipais neste conta, que conta con moitas novidades, comezando polo cabeza de lista.

Ante unha gran representación de veciños, simpatizantes e políticos chegados de distintos concellos comarca, José Manuel Barreiro comezou a súa intervención salientando  a valía política e persoal de Miguel Cela a quen agradeceu a súa disposición por servir aos veciños e veciñas do concello do que é natural.

Neste senso, o presidente provincial puxo en valor o coñecemento do número un da lista popular de Becerreá sobre o funcionamento da administración pública e eloxiou a súa capacidade de traballo.

Asemade, José Manuel Barreiro animou ao alcaldable e ao seu equipo a traballar para lograr un cambio no goberno municipal que durante os últimos anos deu mostras de esgotamento e falta de compromiso. Lembrou tamén que o PP de Becerreá vén sendo a forza política máis votada nos últimos procesos electorais.Pola súa banda, o cabeza de lista, Miguel Cela, trasladoulle aos veciños e veciñas a ilusión coa que empeza este novo proxecto e dixo estar a disposición de todos para escoitar e facer posibles as súas necesidades e inquedanzas.

O popular declarou ser unha persoa partidaria do traballo, pero sobre todo, do traballo en equipo e insistiu en que con aportacións de todos, e unidos, os proxectos saen adiante. “Con isto, e xuntos, construiremos un Becerreá mellor”- sentenciou.

Por último, e antes de dar a coñecer a lista, Miguel Cela tivo palabras de agradecemento á dirección provincial pola confianza depositada na súa persoa para encabezar este proxecto e tamén para os integrantes da candidatura. Mostrou a súa satisfacción por poder contar con persoas tan traballadoras, válidas e honestas para liderar este proxecto.

CANDIDATURA PP BECERREÁ

1.Miguel Ángel Cela González
2. Hilario Núñez Álvarez
3. María Josefa Calderón de Arriba
4. Eulogio Díaz Corral
5. María Luz Porto Riveira
6. Ana María Vilor Bolaño
7. José Manuel Rodríguez Fernández
8. Manuel González Vilela
9. Sonia Prados Gómez
10. Paula Fernández Castro
11. Siomara Rey Diaz

SUPLENTES

1.Fermín Santín Mon
2.Paula Fernández Fernández
3.José Fernández Armada