Pobra de Brollón, 18 de abril de 2015.- A Pobra do Brollón foi esta tarde o municipio elixido polo PP de Lugo para facer oficial a lista coa que a agrupación local concorre aos comicios municipais do vindeiro 24 de maio.
Foi o secretario xeral do PP lucense, José Manuel Balseiro o encargado de presentar a lista, que por primeira vez encabeza Fernando Parada Veiga, e que conta cunha serie de novidades.
Ante simpatizantes, afiliados e representantes políticos da comarca, o número dous do PP lucense animou á formación local a traballar para lograr a alcaldía e rematar co actual desgoberno.
“Estamos ante un grupo de persoas responsables e traballadoras”- manifestou José Manuel Balseiro, quen resaltou que a agrupación local conta cun proxecto político de compromiso coa localidade.
Pola súa banda, o candidato popular, Fernando Parada, explicou que na lista intégrase o grupo de independentes, así coma, mozos e veteranos. Engadiu que a media de idade está nos 50 anos e entre os integrantes atópanse enfermeiras, gandeiros, estudantes e xubilados. Dixo tamén que se inclúen persoas que nunca figuraron en listas, é o caso do número cinco, seis, sete e nove.
Parada Veiga agradeceu ao partido a confianza deposita na súa persoa para liderar este proxecto e manifestou que tanto él coma o seu equipo, do que dixo sentirse moi orgulloso, traballarán arreo para recuperar a alcaldía e situar a Pobra do Brollón no lugar onde se merece.
CANDIDATURA PP A POBRA DE BROLLÓN
1.Fernando Parada Veiga
2.Pedro Rodríguez Rodríguez
3.Manuel López Páez
4.José Rodríguez Carreira
5.Inés Pérez Ferreiros
6.Melchor Casas Casares
7.Ana Rodríguez Rodríguez
8.José Luis Álvarez Álvarez
9.Beatriz Miranda Castaño
SUPLENTES
1.Carlos Chousa Zarauza
2.David López Goyanes
3.Sergio Rivera Prieto