Partido Popular de Lugo

O presidente provincial inicia en Barreiros unha maratoniana xornada de presentacións de candidaturas mariñás

Barreiros, 17 de abril de 2015.- O presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro iniciou este venres, en Barreiros, outra xornada intensa na Comarca de A Mariña.

Foi no restaurante Asador onde deu a coñecer a candidatura dos populares nesta localidade e que encabeza o actual rexedor, Alfonso Fuente Parga.

“Estamos ante un equipo de persoas serias e honestas, comprometidas cos veciños, co municipio e co partido”- manifestou Barreiro quen resaltou a labor feita pola agrupación local ao longo de todos estes anos e animounos a seguir traballando para continuar logrando os grandes resultados obtidos comicio tras comicio.

Pola súa banda, o número un da lista e rexedor, Alfonso Fuente Parga, explicou que a candidatura coa que concorre ás eleccións municipais conta con dúas novidades.

“Trátase da incorporación de dúas persoas moi válidas e procedentes de Novas Xeracións”- afirmou o popular, quen dixo apostar por xente nova para configurar un equipo vivo e aportar aire fresco.

Fuente Parga agradeceu ao seu equipo o traballo feito nesta lexislatura e adiantou que a agrupación local continuará na liña emprendida ata o de agora: “Seguiremos traballando por e para todos os veciños e polo noso municipio”.

CANDIDATURA PP DE BARREIROS

José Alfonso Fuente Parga
José Manuel Gómez Puente
Lorenzo Penabad Bolaño
Adelina Rodríguez Fernández
María Mar Sante García
Daniel Cancio García
Adrián Blanco Pérez
Nuria López Morado
Concepción Fernández Iglesias
Javier Fernández López
Sonia Piñeiro Rúas

SUPLENTES

María Remedios García Leyva
José Otero Méndez
Ana Isabel Yáñez Fernández