Cervo, 17 de abril de 2015.- Cervo foi hoxe a segunda parada da dirección dos populares lucenses para revelar a candidatura que concorre aos comicios electorais do vindeiro mes de maio.
Ás 20:30 horas, no ecomuseo, e ante unha ampla representación de veciños, simpatizantes e demais políticos da comarca de A Mariña, José Manuel Barreiro presentou o equipo que encabeza Alfonso Villares e que ten como número dous xustamente ao seu número dous na dirección provincial, José Manuel Balseiro.
Barreiro puxo en valor a candidatura popular e definiuna como un magnífico equipo de persoas que contan cunha experiencia e capacidade moi destacable. O popular animounos a seguir traballando como ata agora para seguir obtendo esas maiorías absolutas comicio tras comicio.
Pola súa banda o cabeza de lista agradeceu ao seu equipo a súa dispoñibilidade e o traballo levado a cabo na agrupación local e indicou que continuarán traballando coa mesma ilusión, forza e ganas.
Con respecto á candidatura, as principais novidades atópanse nos seis primeiros postos, onde se produce a incorporación de dúas mulleres no posto 3 e 5. Con respecto ao posto 4, ocúpao José Ramón Soto, quen xa estivo de edil nesta lexislatura e a volta de Plácido Otero, quen non figurou na candidatura pasada pero sí en anteriores.
CANDIDATURA PP DE CERVO
Alfonso Villares Bermúdez
José Manuel Balseiro Orol
Manuela Méndez Álvarez
José Ramón Soto Martínez
María Dolores García Caramés
Plácido Pérez Otero
María Concepción Pilar Armada Carrete
Alfredo Antonio Fernández Casas
Luis Antonio Guillén Menéndez
María Consolación Gallego Prieto
Lucía Pinin López
SUPLENTES
Rubén Fernández Rouco
Marcos González Villares
Yolanda Pedreira Cruz
Inés Cobas Balseiro
Eduardo Rodríguez Dean