Sarria, 16 de abril de 2015.- Nos últimos seis anos, desde que Alberto Núñez Feijóo preside o Goberno galego, a Xunta de Galicia ten investido máis de 129 millóns de euros no municipio de Sarria, o que son “24.000 millóns das antigas pesetas”. Así o deron a coñecer hoxe o secretario xeral do PP de Lugo e deputado autonómico, José Manuel Balseiro, xunto ao tamén parlamentario Jaime Íñiguez e o candidato popular neste municipio, Jose Antonio García.
Os populares explicaron que a Xunta de Galicia é a administración que maior esforzo inversor ten realizado no municipio. De feito cada ano, o Goberno galego destina a Sarria 21 millóns de euros, para impulsar distintas obras, manter e ampliar servizos e promover distintas actuacións en beneficio dos seus veciños..
Son cifras que, ademais, non resisten comparación. Así, os populares revelaron que o investimento do Goberno galego multiplica por 103 os recursos achegados pola Deputación de Lugo neste mesmo período. Mentres a Xunta mobilizou recursos por valor de 129 millóns de euros a administración provincial en mans de PSOE e BNG tan só foi capaces de investir 1,2 millóns de euros. “En tan so nun mes a Xunta inviste en Sarria tanto como a Deputación en seis anos”.
Afondando nos datos oficiais, os populares explican que as achegas poden dividirse en dous amplos grupos: en primeiro lugar, as obras e servizos directos con destino concreto nesta localidade que superan os 19,7 millóns de euros, ás que, en segundo lugar, haberá que engadir outros 109,29 millóns de euros máis, en recursos correspondentes a partidas xenéricas territorizalizadas pero das que se beneficiaron, de xeito directo, neste concello.
Emprego e benestar
Un dos ámbitos nos que se centrou o esforzo inversor da Xunta foi o emprego e os servizos de benestar, para os que a Xunta destinou 4,1 millóns de euros. En concreto, foron contratadas máis de 69 persoas persoas a través dos dos plans de cooperación, e 20 alumnos participaron no obradoiro de emprego “Sárria Axúdate”. Tamén a Xunta impulsou 600 accións formativas para 40 desempregados.
A todo isto, os populares suman en materia de benestar as axudas do Plan Concertado de Servizos Sociais (427.811 euros) ou o mantemento do Servizo de Axuda no Fogar para dependentes (853.804 euros); así como 193.000 euros para a contratación de 7 orientadores laborais e 78.000 euros máis para o equipamento do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de 120 prazas
INFRAESTRUTURAS
Na área de infraestruturas, os populares destacaron actuacións como o investimento no corredor Sarria-Monforte, probablemente unha das obras máis importantes para a vertebración de Sarria e a súa comarca, ou as actuacións impulsadas ao abeiro do fondo de compensación ambiental (investimentos do canon eólico) ou da liña de colaboración para equipamentos e infraestruturas locais.
Por outra banda os investimentos en materia de urbanismo superaron os 348.000 euros, a Xunta investiu 3,17 millóns de euros no novo abastecemento de agua a Sarria, e 6,7 para a parte correspondente do convenio dirixido á adecuación do cauce dos ríos Sarria e Celeiro
LISTADO DE PRINCIPAIS INVESTIMENTOS
INFRAESTRUTURAS LOCAIS |
|
|
Liñas de colaboración para equipamentos e infraestruturas locais |
Dotación de equipamentos para o «Parque da Ínsua» |
35.000 € |
Obras para a execución de infraestruturas de uso público na praza da Vila de Sarria |
40.000 € |
|
Rehabilitación e mellora do parque infantil do Chanto |
37.500 € |
|
Fondo de Compensación Ambiental |
Gastos de funcionamento e adquisición de tractor e equipamento para o departamento de medio ambiente |
32.000 € |
Gastos de funcionamento e adquisición dun dumper |
28.000 € |
|
Adquisición de maquinaria para o servizo de medio ambiente municipal |
24.291 € |
|
Adquisición de equipamento para área de medio ambiente |
17.190 € |
|
Adquisición de vehículo para o departamento de medio ambiente e contratación dun operario para este departamento |
24.285 € |
|
Gastos de funcionamento e adquisición de maquinaria para o departamento de medio ambiente |
21.859 € |
|
Recuperación e mellora do espazo ambiental degradado no entorno da Pía Climatizada |
43.666 € |
|
303.791 € |
SECRETARÍA XERAL DE IGUALDADE |
|
Mantemento do CIM |
181.289,85 € |
Promoción da igualdade, conciliación ou prevención da violencia |
27.033 € |
ANPA CEIP de Oural |
2.643,34 € |
210.966,19 € |
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS |
|
Inversión total en materia de urbanismo |
348.091,18 € |
Novo abastecemento de agua a Sarria |
3.172.264,20 € |
Adecuación do cauce dos ríos Sarria e Celeiro (convenio co Estado) |
6.700.000 € |
Reparacións de vivendas de promoción pública en Sarria |
3.400 € |
10.223.755,38 € |
|
CONSELLERÍA DE SANIDADE |
|
Construcción do novo centro de saúde de Sarria |
3.300.000 € |
3.300.000 € |
|
DEPORTE |
|
Axudas a clubs |
50.408,17 € |
50.408,17 € |
EMERXENCIAS |
|
Mantemento e operatividade. Construcción |
866.619 € |
Convenio Grumir / Sub. Agrupación voluntarios |
55.926 € |
Convenio plan atención ao peregrino |
25.131 € |
Contratación de auxiliares de policía local durante a tempada de verán |
5.451 € |
Mantemeneto e operatividade. Construcción |
866.619 € |
|
1.819.746 € |
Consellería de Economía e Industria |
Promoción, modernización e desenvolvemento do sector comercial |
1.365.761,65 € |
Investimento no eido enerxético |
2.234.929,65 € |
|
Dinamización da actividade económica e empresarial |
6.967.971,20 € |
|
Desenvolvemento da innovación e investimentos tecnolóxicos |
1.134.042,80 € |
|
11.702.705,30 € |
||
Consellería de Cultura e Educación |
Obras de mellora dos CEIP e IES |
853.962,90 € |
Conservación do patrimonio cultural da comarca |
694.556,49 € |
|
1.548.519,39 € |
||
Consellería de Medio Rural e Mar. Área de Medio Rural |
Secretaría Xeral |
10.933 € |
Proxectos dinamizadores |
472.700,34 € |
|
Plan Marco Programa Mellora Acceso a Camiños de Titularidade Municipal |
316.567,46 € |
|
Proxectos Leader |
690.895,83 € |
|
Área infraestruturas |
1.883.718,62 € |
|
Fondo de Garantía Agraria |
56.963.609,51 € |
|
Producción agropecuaria |
26.806.270,62 € |
|
Prevención contra os incendios forestais |
371.214,26 € |
|
Convenios e subvencións de prevención de incendios |
1.036.722,92 € |
|
Ordenación e fomento forestal |
1.270.306,82 € |
|
89.822.939,38 € |
||
|
||
Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas |
Conservación integral |
3.245.059,02 € |
PXOM de Láncara, O Páramo, Samos, Triacastela, e Sarria, e PEPCHA de Sarria |
433.141,70 € |
|
Axudas para rehabilitación de vivendas |
560.199,66 € |
|
Axudas para adquisición de 70 vivendas protexidas |
166.807,42 € |
|
4.405.207,80 € |
||
Outras accións a destacar |
Plan Banda Larga de Galicia |
1.665.702,19 € |
Equipamento TIC para o desenvolvemento do proxecto Abalar en centros educativos de Sarria e Láncara |
153.414,99 € |
|