A Fonsagrada, 13 de abril de 2015.- Tras coñecer que a Deputación de Lugo, aprobou o pasado venres en Xunta de Goberno obras en varios concellos lucenses e que non aparecen as estradas de A Fonsagrada, o voceiro do PP neste municipio, Tobías Martínez, denunciou que o señor Besteiro volve a olvidarse das carreteras do Concello malia a presentar un estado deplorable.
“Trátase de varias estradas que son a vertebración e contribúen ao desenvolvemento do noso Concello”- lembrou o popular, quen denunciou o estado lamentable que presentan.
Entre estas estradas atópase a de A Fonsagrada- Navia de Suarna que debido ao seu estado semella máis un camiño que un propio vial. Deficiencias como falta de firme, barrancadas, sen cunetas, sen sinalización e que en varios tramos vai quedando sen anchura suficiente…provocan esta sensación.
Outras vías que presentan este mesmo estado son a de Freixo, Piñeira, a que discorre entre Villardiaz a Carballido ou a de Arexo- Fornaza; con respecto a esta última, presenta unha barrancada que está sinalizada con vallas dende fai moito tempo.
O popular concluíu denunciando que unha vez máis, e xa son incontables, o Señor Besteiro, olvídase de A Fonsagrada, obviando o perigo que supón esta situación para os condutores e o dano que provoca nos vehículos.