O Valadouro, 12 de abril de 2015.- O presidente provincial comezou hoxe as presentacións de candidaturas en A Mariña no concello de O Valadouro. No Hotel Viladoval e ao que asistiron o secretario xeral do PP lucense, José Manuel Balseiro, así coma outras autoridades políticas da comarca, o líder do PP de Lugo definiu a lista que encabeza José Manuel Lamela, como “unha lista estable fronte a división actual do actual equipo de Goberno local”.
Barreiro lembrou o traballo de mercader político que levou a cabo neste concello o secretario Xeral do PSdeG- PSOE, José Ramón Gómez Besteiro, quen en maio de 2013 autorizou un pacto inédito entre o partido socialista e o partido independente (UNIVAL), co apoio do BNG, para desbancar da alcaldía ao daquelas rexedor, José Manuel Lamela. “ Así lles vai agora ao actual goberno local; están totalmente divididos e sen atender ás necesidades dos veciños”- manifestou Barreiro.
Pola súa banda, o número un dos populares en O Valadouro, dixo afrontar por segunda vez o reto de ser alcalde con moita seriedade e para iso, elaborou unha lista de persoas honestas para recuperar á alcaldía e rematar así con todos os proxectos que puxo en marcha cando era alcalde.
Convencido de que O Valadouro precisa saír do caos no que está inmerso, Lamela e o seu equipo, comprométense a devolverlle aos veciños o que se merecen e que non reciben dende fai case dous anos. “Eles non poden ser os prexudicados nin teñen por que soportar as continuas liortas e enfrontamentos deste desgoberno”- manifestou .
CANDIDATURA PP O VALADOURO
José Manuel Lamela Piñeiro
Rocio Blanco Pliego
Cesáreo Seara Valmayor
Eva Daura Sánchez
Teresa Galdo García
José Souto Souto
Prudencio Cuba Cuba
María José Vázquez Rodríguez
Ginés Cao Rivera
Margarita Fernández González
José María Paleo Rejes
SUPLENTES
Luis Campo Diaz
Edgar Cao López
Alicia Paz Ratoeira
María Mar Yáñez Hermida