Pol, 12 de abril de 2015.- No centro socio cultural Mosteiro de Pol tivo lugar esta mañá a presentación de candidatura coa que os populares polenses concorren ás eleccións municipais do vindeiro 24 de maio.
Foi o presidente provincial, José Manuel Barreiro, o encargado de presentar a lista popular e quen animou aos integrantes a esforzarse para o vindeiro 24 de maio resultar elixidos nas urnas.
Pola súa banda, a candidata popular manifestou que o seu reto é facer o mellor para Pol nun proxecto común. Insistiu en que a base para conseguir esta meta está no traballo en equipo, no diálogo, na colaboración e en escoitar as necesidades dos veciños para intentalas facer posibles.
María Ángeles Lenza deixou claro que para exercer en política é necesario ser humildes, ter en conta a tódolos veciños e veciñas e escoitar as súas opinións para facer que se sintan parte do equipo de Goberno. “A dinamización no municipio é clave”- manifestou a alcaldable, quen insistiu na necesidade de integrar a tódalas idades e ideoloxías “porque todos somos iguais e todos somos necesarios”.
A popular adiantou que no seu proxecto todos teñen cabida e resaltou a importancia de fomentar, defender e promocionar varios sectores, que son grandes piares para crear riqueza, aumentar a actividade económica e fixar poboación no noso Concello, entre eles na poboación xuvenil. “Tanto eu como o meu equipo queremos abrir a Pol ó resto dos municipios, facer proxectos en común con outros concellos e dar a coñecer ó noso”- resaltou.
CANDIDATURA DO PP DE POL
Componse de 11 integrantes (9 titulares e 2 suplentes) todos de vital importancia e igual de válidos.Moitos dos seus membros non participaron nunca activamente na política pero todos teñen un obxetivo común que é traballar e loitar por Pol e están de acordo en que a xestión dos cartos de tódolos polenses que se está a levar neste Concello é insostible e que é hora de aplicar unha nova forma de facer política no goberno local é apostar por un goberno de responsabilidade.
A número un da lista, María Ángeles Lenza, recoñeceu que conseguir este equipo non foi tarefa doada e que intentou que fora o máis repartido posible, quedando reflectidos os sectores representativos do Concello. “O que conseguín por encima de todo, é rodearme de xente con obxectivos e fins comúns para Pol”- resaltou a popular quen concluíu a súa intervención deixando claro que tanto na oposición coma no Goberno, ela e o seu equipo, sempre estarán abertos ó diálogo.
1.- María Ángeles Lenza López. Actual presidenta, voceira do PP de Pol e candidata á alcaldía.
2. Trátase da veterinaria María del Pilar Cortón Muinelo, unha lucense de 45 anos, afeccionada á hípica e que vive e exerce a súa profesión no municipio de Pol dende fai máis de 15 anos. Está casada e ten dous fillos. É unha persoa loitadora, traballadora, con criterio e con moita personalidade. Nunca figurou en listas nin en postos da executiva. Únese ó equipo para traballar por Pol, coa labor en conxunto; é dicir, en equipo. A alcaldable defínea coma “un excelente número dous” pola súa capacidade de traballo, criterio e constancia.
3. Margarita López López; unha moza de 30 anos, afeccionada a caza e que vive e traballa en Pol. Socia dunha das ganaderias máis grandes do noso Concello “SAT Lamelas de Suegos”, unha explotación que tivo que empezar de cero. Unha persoa con personalidade, traballadora, á que non lle deron as cousas doadas e aprendeu a loitar polo quere. Nunca figurou en listas nin en postos da executiva. Aínda que se declara de dereitas dende sempre, pero tamén é crítica co que non se está a facer ben.
4.Juan Bosco Casal Rodríguez. Fillo de pais polenses, naceu en Barcelona fai 44 anos, afeccionado ó deporte. Vive en Torneiros dende fai máis de vinte anos e ten 4 fillos adoptados. É Diplomado en Maxisterio; presidente da Asociación Xermolar Familias, adicada ó apoio a familias en relación cos temas de adopción e acollemento; Director comercial dunha fábrica de mobles a medida; árbitro de Baloncesto e relacionado con actividades deportivas de atletismo.Tanto él como a súa muller, son persoas familiares, traballadoras, inquedas, loitadoras e as que intentan sacar sempre o mellor de cada acción. Son afiliados ó partido Popular dende fai moitos anos.
5.Isabel Pásaro Vila. Naceu en Pol fai 50 anos, afeccionada ás manualidades e ás tertulias recordando historias dos nosos maiores. Vive en Pol e ten unha filla. É unha persoa loitadora, traballadora, con moita personalidade, que tivo que facer fronte a situacións moi duras na súa vida e que aprendeu a vivir con elas e mirar sempre para diante e con optimismo. Viviu uns anos en Madrid, onde tiña unha empresa. O regresar a Galicia traballou de comercial e de auxiliar de xeriatría e agora é xestor de facturación para unha empresa de novas tecnoloxías. É a segunda vez que vai na lista do Partido Popular.
6. María Angelina Fernández Calaza. Polense de 55 anos, afeccionada a pasar o máximo de tempo posible en familia, as tardes que pasa cos seus netos di que é o mellor regalo, vive en Valonga e ten unha filla e 3 netos. Muller traballadora, tranquila, alegre, loitadora que traballa no Xeriátrico de Castro, fai limpeza e coidado a domicilio de persoas maiores e substitucións de correos. É a segunda vez que forma parte da lista electoral do Partido Popular
7. Esteban Rafael Basanta Teijeiro. Naceu en Barcelona fai 52 anos, afeccionado ó deporte, ós grandes retos, a viaxar e ó Camiño de Santiago que fixo 11 veces. Vive en Cirio e ten 4 fillos. Home inquedo, con iniciativa, don de xentes e con moitísimas habilidades. Amante do Concello, polo seu traballo como Sobrecargo de Iberia ten que desplazarse de Pol máis do que el quixera. Pero despois de cada viaxe e dende fai 26 anos volve a Pol. Podendo vivir en calquera sitio, elixiu Cirio, Pol, como lugar de residencia. Afiliado ó partido popular dende os tempos de Alianza Popular (30 anos), nunca figurou nunha lista, aínda que sempre estivo e está para todo o que se lle pida.
8. Mónica Rielo Monasterio. É a integrante máis xoven que figura na lista. Naceu en Pol fai 26 anos. Licenciada en Humanidades, afeccionada a viaxar, ós animais e ó deporte. Vive en Cirio. É unha rapaza activa, con inquedanzas, con personalidade, con iniciativas e que ten moitas gañas de traballar para Pol. Intentará que a xuventude vexa esta candidatura máis alá dunhas siglas e que se involucre e faga cousas en común. Gústalle a política e é crítica cas cousas que se están a facer mal no goberno. Afiliada ó Partido Popular dende fai 4 anos, foi nas anteriores listas municipais e é a Presidenta de Novas Xeracións en Pol. Dende a súa posición como presidenta da agrupación quere deixar claro á xente moza que NNXX nace en Pol para fomentar as actividades en conxunto dos máis xóvenes, non para intentar crear políticos, quere deixar a un lado as siglas e traballar cóbado con cóbado cos mozos e mozas de Pol para poder conseguir o beneficio para o conxunto.
9.Álvaro Balado Crende. Naceu en Pol fai 36 anos, afeccionado ó deporte, ós animais. Vive en San Martiño de Ferreiros e ten 1 fillo.Rapaz traballador, tranquilo, familiar, que disfruta de cada momento co seu neno. Afiliado ó partido popular dende fai anos, nunca figurou en ningunha lista, nin en postos da executiva, aínda que estivo dende sempre vinculado ó PP.
10. María Luz Fernández Feijoó. Polense de 36 anos, afeccionada a viaxar, o sendeirismo, as manualidades. Vive en torneiros e ten 2 fillos. Muller familiar, humilde, traballadora, activa, preocupada, que ten xunto co seu home unha ganadería en Torneiros “SAT FERREIROS”. É socia da Asociación de Mulleres Rurais. Afiliada ó partido popular dende fai anos, é a segunda vez que forma parte da lista electoral do Partido Popular. Sempre estivo para o que se necesite, aínda que ás veces lle é imposible poder estar como foi no día de hoxe.
11.- José Antonio Díaz Carballés. Naceu en Pol fai 56 anos, afeccionado ós animais, ás reunións familiares. Vive en Sarille. Traballador, tranquilo, familiar. O seu traballo é a agricultura e a ganadería. Está acostumado a traballar e non lle asustan as cousas difíciles.Nunca figurou en ningunha lista, nin en postos da executiva, aínda que estivo dende sempre vinculado ó PP.