Foz, 12 de abril de 2015.- A casa da cultura de Foz acolleu esta tarde a presentación da candidatura popular que lidera Javier Jorge Castiñeira. O presidente provincial, José Manuel Barreiro, foi o encargado de presentar a lista coa que a agrupación local concorre aos vindeiros comicios municipais.
Barreiro definiu a de Foz como unha lista fiable e formada por persoas que están realmente comprometidas con este municipio. Dixo, que fronte á inestabilidade do PSOE, o PP concorre aos vindeiros comicios cunha lista seria, a axeitada dixo, “para representar aos seus veciños e antepoñendo os intereses do Concello aos persoais”.
Pola súa banda, o rexedor e candidato á alcaldía de Foz, Javier Jorge Castiñeira, manifestou que “hoxe é un día importante para o Partido Popular de Foz porque presenta unha candidatura para as eleccións municipais que é unha lista con xente coñecida, fiable, que ten feito un recoñecido traballo no concello e en todas as parroquias que van representar”. Neste senso, o popular mostrou a súa satisfacción porque “é unha continuación do bo traballo que fixo o grupo de goberno municipal, con todos os obstáculos posibles por parte da oposición, desleal e completamente dividida, que trasladou os problemas internos do Partido Socialista á corporación municipal”.
Jorge Castiñeira dixo mostrarse tamén moi contento porque tódolos edís que van rematar este mandato no grupo de goberno do Partido Popular figuran na lista, e ademais, practicamente en postos similares aos que tiveron hai catro anos.
PRINCIPAL INCORPORACIÓN NA LISTA
No número 3 da candidatura incorpórase Silvia Blanch; unha aposta sobre todo cara á Concellería de Cultura. Trátase dunha licenciada en Historia da Arte, que coñece ben San Martiño porque traballa alí e polo tanto é tamén unha aposta para a proxección de San Martiño e da cultura do Concello de Foz. E a representación das diferentes parroquias é con xente seria e formal, de coñecida reputación.
CANDIDATURA PP DE FOZ
Javier Jorge Castiñeira
Pedro José Fernández Manín
Silvia Blanch Cuesta
María Teresa López Rego
Mercedes Josefina González Alonso
José Ángel Paleo Soto
Dolores Teijeira Fernández
José Antonio Hermida Fernández
María Dolores Matilde Fernández López
María Elena Estoa Díaz
José Ramón Rodríguez Eijo
Roberto Fernández Pena
Alba Pérez Losada
SUPLENTES
Alberto Sención Pérez
Javier Cao Ares
Verísima Eiroa Couto