Partido Popular de Lugo

José Luis Álvarez repite como candidato á alcaldía de Pantón

Lugo, 11 de abril de 2015.- O presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro anunciou hoxe que José Luis Álvarez, optará por terceira vez á alcaldía deste municipio da zona sur da provincia.

O líder dos populares lucenses valorou o traballo que o rexedor leva desempeñando polos seus veciños e pola localidade nestes oito anos. Definiuno ademais como unha persoa moi traballadora, seria, comprometida e honesta.

Pola súa banda, o rexedor e candidato avanzou que continuará na liña emprendida ata o de agora: escoitar as demandas e peticións dos cidadáns para intentar facelas posibles. “Os veciños e veciñas son a miña prioridade e solventar as súas necesidades é o meu obxectivo”. 

Nado en Moreda, Pantón, o 26 de novembro de 1949, José Luis Álvarez Blanco estivo emigrado en Suiza e traballou como empregado de banca. Formou parte da candidatura do PP a alcaldía de Pantón nas municipais de 2003 onde exerceu de tenente de alcalde. Foi por primeira vez candidato á alcaldía deste municipio nas eleccións municipais de 2007 e resultou elixido rexedor. Volveu a presentarse no 2011 e gañou novamente con maioría absoluta.