- O 4 de novembro de 2013, a Deputación de Lugo aproba as bases do programa temporal de fomento do emprego e posta en valor do territorio. O Grupo Provincial do Partido Popular opúxose a ditas bases argumentando que os criterios de selección eran claramente partidistas. De feito, dos 12 concellos finalmente beneficiados, 11 estaban gobernados polo PSOE e máis polo BNG, e tan só un polo PP.
- O pasado 9 de abril o Xulgado número 2 de Lugo afirma que a fixación dos criterios de selección é unha decisión política que non lle corresponde tomar a dito xulgado (f.j. 4.b), e que si 11 dos 12 concellos beneficiados están a seren gobernados polo PSOE e máis polo BNG é porque esta situación cadrou así.
- O Grupo Provincial do Popular entende que non é aceptable que dende as institucións se laven as máns, xa que a Deputación non está ao servizo dos partidos políticos, senón da totalidade dos concellos da provincia e de todos os cidadáns. Por iso, o GPP anuncia que recorrerá a decisión ante o Tribunal Superior de Xustiza, co obxecto de erradicar dunha vez por todas comportamentos anticonstitucionais.
- O Grupo Provincial do Partido Popular insiste en que defende todo tipo de iniciativa dirixida a crear emprego pero considera que todos as persoas que buscan un posto de traballo deben contar coas mesmas oportunidades, sen producirse desigualdades entre municipios e, menos, en base a interesés partidistas. Están en contra de que se faga política co diñeiro dirixido a xerar emprego.
- Por último, o GPP lembra que a sentenza 462/2014 do TSXG, que confirma a sentenza 75/2014 do Contencioso número 2 de Lugo, resolveu que a Deputación de Lugo no Plan Emprega promovido no ano 2011 manipulou os criterios de selección ao aumentar, unha vez publicadas as bases, o peso da entrevista persoal sobre a proba de coñecemento para favorecer aos afíns. Polo tanto, dúas sentenzas previas confirman a utilización partidistas dos fondos que a Deputación dirixe a emprego.