Partido Popular de Lugo

Lenza López ficha de número 2 á veterinaria María del Pilar Cortón

A presidenta, voceira e candidata á alcaldía de Pol, María Ángeles Lenza, anunciou hoxe a persoa que ocupará o posto número dous na lista de cara ás eleccións municipais que terán lugar o vindeiro 24 de maio.

Trátase da veterinaria María del Pilar Cortón Muinelo, unha lucense de 45 anos, afincada en Pol dende fai 20 anos. Afeccionada á hípica, vive e exerce a súa profesión neste municipio. Está casada e ten dous fillos.

A número dous da candidatura, que nunca figurou en listas nin en postos da executiva, di afrontar este novo acometido con ganas e ilusión pero sobre todo partindo dunha premisa: “do traballo en conxunto”. Está convencida de que con aportacións positivas de todos, lógranse grandes feitos e resultados. Comprométese a traballar cóbado con cóbado coa alcaldable e co resto do equipo para facer de Pol un Concello mellor.

Pola súa banda, a candidata popular, María Ángeles Lenza definiu ao seu fichaxe como unha persoa loitadora, traballadora, con criterio e con moita personalidade. Revelou que gozan dunha gran empatía e que as súas personalidades son moi afíns. Mostrouse convencida de que aportará todo o positivo para dotar a Pol do valor que se merece. “É unha excelente número dous”- concluíu.