Partido Popular de Lugo

Barreiro presenta a lista do PP de Riotorto que encabeza Clemente Iglesias

Riotorto 10 de abril de 2015.- A candidatura do PP de Riotorto que encabeza, Clemente Iglesias, foi presentada esta tarde polo presidente provincial, José Manuel Barreiro. Ao acto tamén acudiron militantes, simpatizantes e representantes políticos da comarca de A Mariña.

O presidente provincial manifestou que a candidatura dos populares de Riotorto está formada por persoas preparadas, traballadoras e ilusionadas; é dicir, as idóneas para gobernar.

Pola súa banda o alcaldable tildou ao seu equipo como un grupo de persoas con moitas ganas de traballar por Riotorto e manifestou que tanto él como o seu grupo están percorrendo parroquias do municipio e mantendo xuntanzas cos veciños para escoitar as súas peticións e plasmalas no programa electoral .

Este funcionario no Concello de Riotorto e que actualmente non é rexedor por tres votos, recoñeceu que nos pasados comicios electorais pasou un mal trago por esta circunstancia pero confesa que esta situación tamén o motivou para volver a presentarse. Manifesta que se atopa con moitas forzas para traballar e situar á localidade onde se merece.

LISTA DA CANDIDATURA ELECTORAL DE RIOTORTO

1- Clemente Iglesias González
2- José Luis Lourido López
3- Manuel Rivas Bouza
4- Manuel Pacio Iglesias
5- Luis Lorido Carballeira
6- Olga Maseda García
7- Iago Fiallega Salgado
8- Alberto Ramallal Freire
9- Antonio García González

1º Suplente.- José Gómez González
2º Suplente.- Diego Falcón Irigoyen
3º Suplente.- Manuel Pol Veiga
4º Suplente- María José Portela Cancio