Partido Popular de Lugo

Barreiro confía en que a lista de David Álvarez será a elixida polos veciños de A Pontenova

Pontenova, 10 de abril de 2015.- O presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, presentou hoxe a lista dos populares de A Pontenova que estrea candidato para os vindeiros comicios municipais. Trátase do xa anunciado, David Álvarez Gutiérrez, un médico de profesión que con moitas ganas e ilusión afronta este novo reto.

Barreiro ve na lista do PP de A Pontenova un equipo de persoas traballadoras e responsables, e mostrouse confiado en que serán as elixidas polos veciños e veciñas da localidade.  Neste senso, animou a todos a traballar para lograr a alcaldía e gobernar no municipio. 

Pola súa banda, o alcaldable, quen sempre se amosou moi partidario do traballo en equipo para un bo funcionamento, elixiu para iniciar o cambio neste municipio mariñán,  a persoas cercanas e traballadoras. “Son os integrantes axeitados para traballar polas necesidades dos habitantes de A Pontenova e do propio municipio”.

Convencido de que a labor básica dun Concello é o servizo público e que axudar aos cidadáns é o piar fundamental, o candidato popular insistiu en que non pode existir distinción de clases e que tódalas persoas, non só unhas poucas, teñen que ser beneficiarias das políticas aplicadas no Concello. Dixo, que esta sería a súa máxima aplicar se resulta elixido alcalde.

CANDIDATURA PP PONTENOVA

David Álvarez
Amador Villapol
María Concepción Bouza
Ángel Enriquez
Manuel Díaz
José Manuel Fernández
José María García
Antonio Álvarez
Antonio Ginzo
Plácido Martín
Gustavo Cancio

Suplentes
José Benjamín Pacio
José María Barcia
Aurora García
Elda Fernández