O presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro lamentou profundamente o falecemento do ex edil Jorge Chao e expresou o seu máis sentido pésame a familia do coñecido ex edil popular.
Barreiro destacou a dedicación de Jorge Chao polos lucenses, dende os cargos que desenvolveu: concelleiro en deportes, directivo no Círculo das artes e presidente da Federación de baloncesto de Lugo.
O presidente provincial lembrou que dentro dos logros que conseguiu para a provincia atópanse a posta en marcha das pistas de atletismo de As Pedreiras, as piscinas de Frigsa e a creación dunha oficina xuvenil no Seminario Menor.
Barreiro concluíu destacando a dedicación e o compromiso que o ex edil desenvolveu no Partido Popular ao longo da súa vida.