Partido Popular de Lugo

Monforte recibiu da Xunta 144 millóns de euros en investimentos durante os últimos seis anos de Goberno de Alberto Núñez Feijóo

Xoves, 9 de abril de 2015.- Os veciños e veciñas de Monforte téñense beneficiado nos últimos seis anos de Goberno de Alberto Núñez Feijóo de máis de 144 millóns de euros en obras, novos servizos, transferencias e outros investimentos executados pola Xunta de Galicia.

O deputado autonómico e secretario xeral do Partido Popular de Lugo, José Manuel Balseiro, e a tamén deputada e candidata do PP á alcadía de Monforte, Julia Rodríguez, fixeron hoxe un balance dos últimos seis anos do Goberno do PP na Xunta de Galicia no relativo á cidade do Cabe e subliñaron que o investimento medio anual foi de 24 millóns de euros.

Os datos oficiais confirman, segundo expuxo Balseiro, que a Xunta “estivo presente neste Concello e ademais dun xeito notable e significativo”. “Non existe ningunha outra administración  que teña realizado maior esforzo inversor que a Xunta en Monforte”.

Balseiro engadiu que o Goberno galego ten investido en Monforte 42 veces máis que a Deputación de Lugo, xa que mentres a Xunta achegou recursos por valor de 144 millóns de euros, o bipartito na Deputación de Lugo non supera os 3,4 millóns de euros para o mesmo período. Balseiro afirmou que en tan só catro meses a Xunta ten investido tanto como o Goberno provincial en seis anos.

O investimento do Goberno galego ao longo destes anos divídese en dúas grandes áreas: 34,7 millóns de euros para obras no Concello de Monforte e 109,92 millóns de euros para partidas xenéricas. Os datos demostran, tal e como explicou o secretario xeral do PP de Lugo, que o primeiro Concello da Comarca é tamén o primeiro en esforzo inversor da Xunta.

Entre os investimentos a destacar, o secretario do PP de Lugo referiuse á partida de máis de 2,2 millóns de euros de achegas para financiar o Servizo de Axuda no fogar en situación de dependencia, así como os 15 millóns de euros para o mantemento de prazas de residencias para persoas maiores. Na área das infraestruturas o Goberno galego destinou 3,5 millóns de euros a rematar a urbanización da 1ª fase do Porto Seco, aos que se suman 397.650,94 euros para a ampliación e reformas no Hospital de Monforte. Balseiro subliñou tamén os 2,3 millóns de euros para vivendas de promoción pública.

Listado de investimentos

NO ÁMBITO DO TRABALLO E BENESTAR (26,26M€)

Mantemento de prazas de residencia para persoas maiores  15.000.000 €
Mantemento de 30 prazas no centro de día de Alzhéimer
 273.808 €
24 alumnos recibiron formación no Obradoiro de Emprego «Río Cabe II» 2009-2010) 509.000 €
1.050 persoas beneficiáronse de 70 Accións Formativas 3.800.000 €
174 persoas foron contratadas a través dos plans de cooperación 2.743.700 €
Reforma da Residencia de maiores
 347.661 €
Adquisición e instalación de equipamento e moblaxe para o centro de PRODEME 19.000 €
Subvención a PRODEME para a reforma e ampliación do centro de día e centro ocupacional 180.000 €
Subvención a PRODEME para a adquisición de equipamento para pisos tutelados 86.000 €
Subvención para a reforma dun centro de día o seu equipamento, para a entidade Ágora 124.000 €
Subvención para equipamento do centro ocupacional de Albores 8.000 €
Financiamento pola Xunta do Plan Concertado de Servizos Socias 643.732 €
Achegas para financiar o Servizo de Axuda no fogar a persoas en situación de dependencia 2.215.620 €
Contratación de 7 orientadores laborais 196.584 €
Contratación de 10 persoas en risco de exclusión social 114.559 €

NO ÁMBITO DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS: 6.64M€

Instalación e mantemento da ETAP 2.500.000 €
Execución do Centro Verde  442.698,97 €
Rematouse a urbanización da 1ª fase do Porto Seco de Monforte 3.560.000 €
Obra de conexión Porto Seco de Monforte, 1ª fase: Treiro Porto Seco – Estrada LU-933 142.287,30 €

NO ÁMBITO DA ATENCIÓN DAS EMERXENCIAS E PROTECCIÓN CIVIL: 766.625€

Parques contra incendios Mantemento e operatividade 714.055 €
AVPC e Grumir Convenio Grumir / Sub. Agrupación voluntarios 49.439 €
Orde auxiliares de policía Contratación de auxiliares de policía local durante a tempada de verán 3.131 €

CONSELLERÍA DE CULTURA E EDUCACIÓN: 1,69M€

Obras de mellora dos CEIP e IES
Colexios e institutos 1.024.021,20 €
Conservación do Patrimonio Cultural da comarca 602.365,41 €
Actividades de ámbito cultural 72.283,85 €

CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL: 37,3M€

Secretaría Xeral
 23.365,15 €
Proxectos dinamizadores 448.286,97 €
Plan Marco Programa Mellora Acceso a Camiños de Titularidade Municipal 399.406,82 €
Proxectos Leader 1.167.583,56 €
Área infraestruturas 1.746.854,28 €
Fondo de Garantía Agraria 18.669.520,95 €
Produción agropecuaria 11.700.677,14 €
Prevención contra os incendios forestais 851.072,46 €
Convenios e subvencións de prevención de incendios 1.362.643,33 €
Ordenación e fomento forestal 1.028.091,39 €

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS:  47,7M€

Investimentos nas obras en estradas 42.165.579,12 €
Conservación integral 2.048.042,41 €
PXOM e PEPCHA de Monforte 436.677,44 €
Entrega de vivendas de promoción pública en Monforte,  2.345.629,55 €
Reparacións de vivendas de promoción pública en Monforte e Pantón 37.246,90 €
Axudas para rehabilitación de vivendas 562.609,30 €
Axudas para adquisición de 54 vivendas protexidas 127.701,47 €

MELLORA DA CONECTIVIDADE Á REDE INTERNET: 1,4M€

Plan Banda Larga de Galicia 1.186.567,34 €
Equipamento TIC para o desenvolvemento do proxecto Abalar en centros educativos  256.850,79 €