Partido Popular de Lugo

González Barcia asumirá a Delegación municipal de Mar se é reelixido alcalde

Burela 9 de abril de 2015.- Dada a relevancia que ten o sector do mar  para o municipio, o actual rexedor e candidato á alcaldía de Burela, José María González Barcia, anunciou esta mañá a súa decisión persoal de asumir as competencias municipais de mar se é reelixido alcalde.

O popular manifestou que a defensa deste sector está por encima de todo e destaca a súa prioridade para poder continuar fomentando, creando emprego e xerando riqueza na zona.

“Somos conscientes de que o sector quere seguir pescando e a ser posible incrementando a súa actividade”- lembrou González Barcia, quen se comprometeu a apoiar totalmente ao mundo do mar ao ser o propio sector o que quere e desexa a súa continuidade no futuro.

“Os representantes deste sector saben que poden contar co PP e comigo persoalmente”- sentenciou González Barcia.

INFRAESTRUCTURAS MARÍTIMAS

O rexedor e candidato popular enumerou tres aspectos aos que hai que dar continuidade pola súa importancia para a súa actividade pesqueira e económica en xeral da vila. Estes son:

1. Acabar o acceso ao porto. O rexedor, quen recordou que as obras avanzan  a moi bo ritmo, explicou que se trata dunha obra que os populares impulsaron e xestionaron dende o goberno municipal e ninguén dubida de está sendo unha realidade.

2. Traballar na elaboración do proxecto e construción do novo martillo en diagonal desde ABSA. O popular lembrou que as obras de prolongación do martillo actual xa están en marcha

3. Impulsar a implantación de actividade empresarial vinculada co sector nos case 40 mil metros cadrados existentes na zona do Berbés. González Barcia manifestou que actualmente xa se esta instalando unha empresa