Monterroso 9 de 2015.- O presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro presentou esta tarde a lista do PP de Monterroso que por primeira vez encabeza Pilar Varela.
O acto desenvolveuse no salón de actos do centro sociocultural da vila, en compañía de numerosos veciños e simpatizantes da agrupación popular e que contou tamén coa presenza do secretario xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro e demais representantes políticos da zona.
A lista coa que o PP de Monterroso concorre ás eleccións municipais é paritaria ao 100% , xa que está composta por catorce integrantes, sete mulleres e sete homes. Aspira a converterse nunha alternativa de Goberno e facer de Monterroso un pobo de presente e futuro.
O líder dos populares lucenses mostrouse confiado en que Pilar Varela resultará elixida alcaldesa xa que os veciños de Monterroso confiarán no seu proxecto e no seu equipo para situar a vila onde se merece.
Pola súa banda, a alcaldable mostrou a súa satisfacción por levar na súa lista persoas traballadoras, honestas e responsables e indicou que o seu equipo coñece as necesidades reais dos monterrosinos e dispoñen de forzas e gañas, para solventalos.
LISTA DA CANDIDATURA ELECTORAL DE MONTERROSO
María del Pilar Varela Rojo
Óscar Ouro Vila
José Vence Pacior
José Luis Blanco Vázquez
María José Liñares García
José Manuel López Rodríguez
Ángel Marcos Portomeñe Rivas
Felicidad Castiñeira Rivas
Óscar Novo Rodríguez
Cristina Lorenzo Eiriz
Sonia Castro Portomeñe
Suplementes
Mario Armas Peña
María Jesús Fernández López
Mercedes Expósito Castro