Partido Popular de Lugo

Lenza López: “O alcalde de Pol négase a conceder a axuda no fogar pese ao incremento da Xunta en 301 horas”

Pol 8 de abril en 2015.- A presidenta e candidata do PP de Pol, María Ángeles Lenza, denunciou esta mañá que o rexedor, Lino Rodríguez non concede a axuda no fogar malia a que o Goberno Galego aumentou, neste concello, en máis de 300 horas este servizo.

A popular explicou que gracias a Xunta de Galicia, o municipio polense pasou de 954 a 1.255  horas, o que supón, en termos porcentuais, un incremento do 30% no que atinxe a este servizo.

Asemade Lenza López explicou que o Executivo galego ten a día de hoxe resoltos dez expedientes no Concello de Pol pero nembargantes o  municipio non presta as horas. “O rexedor non proporciona o servizo porque non quere”.- critica a popular, que engade que conta coas horas pero non as aplica; o que a maiores impide contratar a persoal.

A presidenta dos populares cree que hai que priorizar no benestar das persoas maiores e destinar partidas a este servizo, reducindo ou anulando outras que non son tan imprescindibles.

Lembra que a Xunta de Galicia aporta nun trimestre máis de 27.000 euros para este servizo mentres que o Concello de Pol aporta en todo o ano 18.000 euros.

A popular lamenta que un alcalde que tanto está vendendo no tocante á necesidade dunha residencia se negue a conceder o SAF máis cando a Consellería de Traballo e Benestar Social aumenta en 301 as horas para este servizo.