Partido Popular de Lugo

PP de Navia pide que se regule o estacionamento de vehículos na Praza Maior

Navia de Suarna, 7 de abril de 2015.- O voceiro do PP e candidato á  alcaldía de Navia de Suarna, Jesús Manuel Fernández, pide ao rexedor que regule o estacionamento de vehículos na Praza Maior do municipio.

O popular explica que estamos a falar dun lugar no que se reúnen os veciños e no que conflúen persoas de todo tipo de idades: dende mamás con nenos, mozos, maiores e anciáns polo que “limitar o aparcamento nunha determinada zona da praza sería o axeitado para non mesturar coches e persoas”.

Fernández insiste en que hai que extremar as precaucións para evitar posibles accidentes entre os máis maiores e no lugar de xogos dos máis pequenos e conclúe que de levar a cabo esta iniciativa, evitaríase algún posible atropelo ou accidente.