Lugo 7 de abril de 2015.- O presidente do PP e candidato á alcaldía de Chantada, Javier Medela, anunciou hoxe que Manuel Javier Goyanes Cereijo será o número dous da lista popular para as vindeiras eleccións municipais que se celebrarán o 24 de maio.
O recen anunciado número dous, naceu en Pedrafita (Chantada) o 22 de maio de 1976. É enxeñeiro técnico agrícola e actualmente traballa no FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria). Está casado e ten un fillo.
É a primeira vez que este mozo de 38 anos figura nunha candidatura malia que a súa toma de contacto co Partido Popular data do ano 1996, ano en que se afiliou.
Goyanes Cereijo di afrontar esta nova tarefa con optimismo, ganas, forzas e ilusión para situar “á cabeza da comarca no lugar que merece””. Insiste en que Chantada conta con moitos potenciais para darlle un maior empuxe e cita como exemplo a industria, extensión, gandeiría, agricultura…
Pola súa banda o alcaldable popular, Javier Medela, non disimula a súa satisfacción por poder contar con persoas tan válidas e traballadoras coma o número dous, e insiste en que entre todos, traballarán para mellorar a situación actual do Concello. “O principal reto está en recuperar para o Partido Popular á alcaldía de Chantada, onde os populares foron a forza política máis votada nos últimos procesos electorais”- concluíu.