Lugo, 6 de abril de 2015.- O líder do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, anunciou esta mañá que José Fernández López repetirá como candidato dos populares á alcaldía de Pedrafita de O Cebreiro.
O presidente provincial, José Manuel Barreiro, animou ao candidato popular a esforzarse e traballar duramente para gañar e situar a este municipio de A Montaña no lugar que merece.
É a terceira vez que Fernández López encabeza a lista dos populares nesta localidade e di facelo con moitas forzas e ganas. Comprométese a traballar duro para desbancar ao PSOE do Goberno e facer deste Concello un lugar para todos.
José Fernández López, naceu o día 7 de marzo de 1953. Diplomado en Dereito Tributario e Asesoría Fiscal, está casado e ten dúas fillas. No que atinxe a súa traxectoria política, exerce de voceiro popular neste municipio dende o ano 2007.