Partido Popular de Lugo

MEIRA RECIBIU DA XUNTA INVESTIMENTOS QUE SUPERAN OS 18,7 MILLÓNS DE EUROS DESDE QUE FEIJÓO PRESIDE O GOBERNO GALEGO

Meira, 1 de abril de 2015.- O Concello de Meira beneficiouse desde que Alberto Núñez Feijóo accedeu á Presidencia da Xunta no ano 2009, de máis de 18,7 millóns de euros en investimentos autonómicos.

Así o revelaron esta mañá o secretario xeral do Partido Popular na provincia de Lugo, Jose Manuel Balseiro, acompañado do tamén deputado autonómico Agustín Baamonde e do alcalde de Meira, Ramiro Pérez, nunha rolda de prensa na que quixeron facer balance dos últimos seis anos de goberno autonómico.

Os populares explican que isto supón unha media de 3,11 millóns de euros, cada ano, achegados pola Xunta para o financiamento de obras, servizos e actuacións impulsadas neste concello en beneficio dos seus veciños.

Os populares repasaron, partida por partida, as principais inversións realizadas e explicaron que todas elas poden incluírse en dous grandes grupos: o de investimentos directos, que supera os 4,3 millóns de euros, e as partidas xenéricas territorializadas, que tamén se executaron neste municipio, por valor de 14,3 millóns de euros.

NOVO CENTRO DA TERCEIRA IDADE

Entre estas cifras aínda teríamos que engadir novos e importantes compromisos adquiridos pola Xunta, como son a incorporación nos orzamentos de 2016 dos recursos necesarios para apoiar o centro da terceira idade e, con isto, a posta en marcha de prazas públicas para a atención de persoas maiores en Meira.

Tanto os deputados populares como o alcalde, aproveitaron a ocasión para agradecer a boa disposición do Goberno galego para apoiar esta infraestrutura que cualificaron de vital para un concello como o de Meira onde a atención das persoas maiores é unha prioridade absoluta.

RETO Á DEPUTACIÓN

Por outra banda, os populares, aproveitaron a ocasión para retar á Deputación de Lugo para que tamén rendan contas ante os veciños e faga balance dos investimentos provinciais, tal e como veñen de facer eles coas achegas da Xunta.

Fan esta demanda para que os veciños teñan oportunidade de observar con claridade, e con datos oficiais, como a Xunta aposta polo municipio mentres a Deputación leva dúas lexislaturas discriminando a Meira e desatendendo as demandas dos seus veciños.

EMPREGO E BENESTAR

Un dos ámbitos máis relevantes do apoio da Xunta, nos pasados seis anos –e tamén no futuro- foi a área de emprego e benestar. Ata tal punto é así que o Goberno galego ten investido 1,5 millóns de euros, nas seguintes actuacións:

Construcción dunha escola infantil de 41 prazas 468.490 €
165 persoas beneficiáronse de 13 Accións Formativas para desempregados 530.000 €
17 persoas foron contratadas a través dos plans de cooperación 181.500 €
Axuda da Xunta ao financiamento do Plan Concertado de Servizos Sociais Municipais 141.743 €
Transferencias para o sostemento do Servizo en Axuda no Fogar básico para persoas en situación de dependencia 178.365 €

INFRAESTRUTURAS PÚBLICAS E MEDIO ÁMBIENTE

Outras das achegas directas máis relevantes do Goberno galego son o apoio á mellora das infraestruturas públicas a través do Fondo de Compensación Ambiental que serviu para impulsar proxectos por valor de 395.372 euros, para desenvolver as seguintes actuacións:

Mellora no espazo cuberto da praza do convento de Meira para valorar e dar a coñecer os recursos naturais do concello 32.000 €
Obra de reurbanización da área recreativa do nacemento do Miño (Pedregal de Irimia). Adquisición dunha máquina rozadora-trituradora 65.852 €
Dotación de servizos de abastecemento e saneamento á Rúa Nova e eficiencia enerxética nun local para protección civil 65.857 €
Mellora das redes xerais de abastecemento e saneamento de Meira, compra de cortacesped e gastos de funcionamento depuradora 62.651 €
Compra de equipamento e gastos de funcionamento da depuradora 56.355 €
Melloras no parque, no abastecemento de auga, compra de barredora e gastos de funcionamento 112.657 €

No tocante á area ao medio ambiente, un dos proxectos máis cuantiosos foi o selado de vertedoiros, por importe de (334.132,20 euros). A Consellería CMATI tamén investiu 1,7M€ para impulsar vivendas de promoción pública nesta localidade e 66.921,40 euros para o Plan Xeral de Ordenación Municipal.

EDUCACIÓN PÚBLICA E DEPORTES

A Xunta tamén investiu máis de 200.000 euros na mellora da educación pública impulsando distintas obras no CEIP de Meira (67.000 €), a renovación de fiestras nese mesmo centro (8.087 €), distintas obras tamén no IES Pedregal de Irimia de Meira (59.500 €), achegas para a conservación do Patrimonio Cultural (40.000 €) e para o financiamento dos equipamentos en novas tecnoloxías (TIC) dentro do proxecto Abalar (30.900 €) en ambos nos centros educativos. Tamén achegou 735,12 € en axudas a clubs deportivos.

IGUALDADE, TELEVISIÓN, INTERNET E EMERXENCIAS
 
Outras actuacións de menor contía foron os 1.669 € para promoción da igualdade, conciliación ou prevención da violencia, as achegas por valor de 70.000 € para a renovación de equipamentos de difusión en Televisión Dixital Terrestre e 3.600 € máis para axudas á recepción das sinais dixitais satélites.
 
Xa dentro do ámbito da atención ás emerxencias a Xunta apoiou á Agrupación de voluntarios de Protección Civil con 9.313 € e os gastos de funcionamento do xulgado de paz con 10.977 €

PARTIDAS XENÉRICAS

Dentro das partidas xenéricas, pero con investimento concreto en Meira destacan as seguintes actuacións, por consellerías:

Consellería de Economía e Industria: 1,3M€ distribuídos do seguinte xeito:

Promoción, modernización e desenvolvemento do sector comercial 86.957,72 €
Investimento no eido enerxético 189.996,87 €
Dinamización da actividade económica e empresarial 1.072.069,60 €
Desenvolvemento da innovación e investimentos tecnolóxicos 32.282,34 €

Consellería de Medio Rural: 11,5M€, que financiaron as seguintes actuacións:

Proxectos dinamizadores 79.834,78 €
Plan Marco Programa Mellora Acceso a Camiños de Titularidade Municipal 91.841,83 €
Proxectos Leader 154.690,13 €
Área infraestruturas 503.142,94 €
Fondo de Garantía Agraria 6.983.267,44 €
Producción Agripecuaria 2.908.944,07 €
Prevención contra os incendios forestais 121.652,40 €
Convenios e sunvencións de prevención de incendios 254.109,33 €
Ordenación e fomento forestal 462.601,56 €

Tamén achegou recursos a Consellería de Medio Ambiente: 1,6M€ para:

Investimento nas obras en estradas 889.810,90 €
Conservación integral 603.800,25 €
Axudas para rehabilitación de vivendas 118.853,31 €

Finalmente o Plan de ampliación do acceso a Internet de banda larga supuxo un investimento de 140.122,3 euros do Goberno galego.