A voceira do Grupo Provincial do Partido Popular, Elena Candia, criticou esta mañá a falta de proxecto dos socialistas para dinamizar o barrio da Residencia. Candia explicou que “Orozco non sabe nin o que quere facer neste barrio”.
A voceira dos populares explica que os socialistas a nivel local aprobaron unha iniciativa para dotar esta zona dun centro para maiores, porén na moción que presentan na Deputación de Lugo non recollen esta petición. “En 16 anos non ten un proxecto firme para este barrio”.
Traballo serio
Pola contra, o Partido Popular si ten un proxecto para o barrio da Residencia, que a futura comisaría da Policía Nacional se ubique nesta zona.
Neste senso, trala visita dun equipo de técnicos aos edificios tanto do materno como do de hospitalización, agora estase valorando cal dos dous é o máis axeitado para albergar esta infraestrutura.
Oportunismo político
A actitude dos populares contraponse á dos socialistas que nunca lideraron un proxecto dinamizador e agora a dous meses das leccións acórdanse. Estase ante un novo caso de oportunismo político, xa que o único que fixeron “foi permitir o abandono paulatino do barrio da Residencia e o único apoio foi o que prestaron ás manifestacións”.
A maiores, a popular explicou que non é competencia da Deputación este asunto “salvo que ocorra o mesmo que co leiraparking do Hula onde tamén hai catro anos a Deputación ofrecera 100.000 euros para facer un aparcamento que non era legal e que nunca se fixo. Tamén daquela o ofrecemento fora en eleccións”.