Partido Popular de Lugo

A XUNTA INVESTIU 12,8 MILLÓNS DE EUROS NO VALADOURO NOS ÚLTIMOS SEIS ANOS DE GOBERNO DE ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO

O Valadouro, 31 de marzo de 2015.- Desde que Alberto Núñez Feijóo accedeu, en 2009, á Presidencia do Goberno galego, o concello do Valadouro ten recibido 12,89 millóns de euros para impulsar obras, servizos, transferencias e actuacións en beneficio dos veciños desta localidade.

Así o explicaron hoxe, detallando partida por partida, o secretario xeral do PP de Lugo e deputado autonómico, Jose Manuel Balseiro acompañado do tamén parlamentario, Vidal Martínez-Sierra e do candidato popular á alcaldía do Valadouro, Jose Manuel Lamela.

Os populares quixeron facer balance destas dúas lexislaturas de goberno popular  na Xunta –aínda en marcha– e salientaron que, a administración autonómica destina 2,13 millóns de euros, cada ano, como media, para este municipio mariñao.

Afondando nas cifras desde o PP salientaron que as achegas con destino concreto no Valadouro superan os 7,7 millóns de euros aos que habería que sumar outros 5,1 millóns de euros máis, procedentes de partidas xenéricas pero, executadas tamén neste municipio.

RETO Á DEPUTACIÓN

Por outra banda, os populares, aproveitaron a ocasión para retar á Deputación de Lugo e ao propio alcalde para que tamén rendan contas ante os veciños e fagan balance dos investimentos provinciais, tal e como veñen de facer eles coas achegas da Xunta.

Emprazan ao alcalde e ao bipartito provincial a actuar con transparencia, para que os veciños teñan oportunidade de observar con claridade, e con datos oficiais, como a Xunta aposta polo municipio mentres a Deputación tan só vive de publicidade e propaganda, achegando uns apoios moito menores.

EMPREGO E BENESTAR

Entre os investimentos da Xunta con maior relevancia están os dirixidos ao sostemento dos servizos sociais e ao impulso de iniciativas de emprego, para os que o Goberno galego destinou, neste período, máis de 1,3 millóns de euros, así atopamos:

Posta en marcha da escola infantil de 20 prazas 146.379,89 €
25 persoas beneficiáronse de Accións Formativas para desempregados  65.400 €
19 persoas foron contratadas a través dos plans de cooperación 159.500 €
20 alumnos recibiron formación no Obradoiro de Emprego «Pardo de Cela» (ano 2014-2015) 177.668 €
Plan Concertado de Servizos Sociais 178.185 €
Servizo de Axuda no Fogar para persoas depedentes 612.840 €
Contratación de 2 orientadores laborais 40.000 €

MEDIO AMBIENTE, ESTRADAS E INFRAESTRUTURAS

Tamén hai relevantes achegas (4,1M€) en materia de mellora das estradas, o urbanismo e o medio ambiente. Entre as que destacan os investimentos para o PXOM (142.000 €), estrada Ferreira-Cangas (1.351.969 €), acondicionamento LU-152 (948.130 €) e a posta en marcha de 24 Vivendas en Ferreira do Valadouro ( 1.715.326 €)

A Xunta investiu na mellora das infraestruturas locais (1,18M€):

Adquisición de mobiliario para os edificios municipais: Centro cultural de Parque de Concepción Arenal, Casa do concello e Centro socio cultural «Manuel Lourenzo» 14.650 €
Mellora de recollida selectiva de lixo en concellos da Mancomunidade 7.953 €
Rexeneración da marxe dereita do río Ferreira e acondicionamento de espazos adxacentes para paseo fluvial, área recreativa e dotación de servizos 189.862 €
Xestión compartida polos Concellos de Alfoz e O Valadouro do punto limpo do Concello do Valadouro 7.007 €
Instalación de contenedores soterrados no casco urbano da vila de Ferreira e adquisicón de un vehículo retrocargador 189.862 €
Renovación do saneamento en Ferreira, saneamento na Granda, construción de pista de andadura e xestión de residuos 195.660 €
Saneamento nos barrios de Pe de Areosa, Teixoeira e o Campón, xestión de residuos, limpeza viaria e potabilización da auga 191.742 €
Saneamento no barrio da Ruibal en Moucide, xestión de residuos, limpeza viaria e potabilización da auga 383.407 €

Tamén a Xunta achegou recursos para a rehabilitación da igrexa de Santo Tomé de Recaré (115.000 €), axudas a clubs deportivos (1.865,09 €), para a creación dun parque biosaludable e pista multixogos (60.000 €), para a mellora da cuberta do centro de saúde e outras reparacións nestas instalacións (31.637,87 €).

O Goberno galego destinou 10.977 € para o financiamento dos gastos funcionamento do xulgado de paz, para a parte que lle corresponde ao Concello de Valadouro en materia de mantemento, operatividade e construción do  parque comarcal de bombeiros (770.840 €) e para a agrupación de voluntarios de Protección Civil (7.100 €)

PARTIDAS XENÉRICAS

Xa por consellerías O Valadouro recibiu:

• 2,2M€ euros da Consellería de Economía e Industria, nos seguintes conceptos:

Promoción, modernización e desenvolvemento do sector comercial 91.866,16 €
Investimento no eido enerxético 249.221,37 €
Dinamización da actividade económica e empresarial 1.778.563,60 €
Desenvolvemento da innovación e investimentos tecnolóxicos 86.447,90 €

• 1,9M€ euros da Consellería do Medio Rural, para as seguintes actuacións:

Proxectos dinamizadores 22.063,05 €
Plan Marco Mellora Acceso a Camiños de Titularidade Municipal 33.725,53 €
Proxectos Leader 80.335,33 €
Área Infraestruturas 197.975,86 €
Fondo de Garantía Agraria 1.121.042,33 €
Producción agropecuaria 284.869,84 €
Prevención contra os incendios forestais 23.627,89 €
Convenios e subvencións de prevención de incendios 81.006,75 €
Ordenación e fomento forestal 116.777,03 €

• 77.604 euros da Consellería de Cultura e Educación para:

Obras de mellora dos CEIP e IES 69.290,02 €
Actividades de ámbito cultural 8.314,80 €

• 747.268 euros da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para desenvolver as seguintes accións

Investimentos nas obras en estradas 50.000,00 €
Conservación integral 270.231,07 €
Inversión en Medio Ambiente 274.452,46 €
Entregáronse vivendas de promoción pública  16.013,93 €
Rehabilitación de vivendas 123.336,23 €
Axudas para adquisición de 56 vivendas protexidas 13.234,39 €

E outros apoios económicos para:

Plan Banda Larga de Galicia
(acceso a internet) 120.828,90 €
Equipamento TIC para o desenvolvemento do proxecto Abalar en centros educativos 28.080,38 €