Partido Popular de Lugo

A XUNTA INVESTIU 126 MILLÓNS DE EUROS EN VILALBA NOS ÚLTIMOS SEIS ANOS DE GOBERNO DE ALBERTO NÚÑEZ FEIJÓO

Vilalba, 31 de marzo de 2015.- Desde que Alberto Núñez Feijóo accedeu, en 2009, á Presidencia do Goberno galego, o concello de Vilalba ten recibido 126 millóns de euros para impulsar obras, servizos, transferencias e actuacións en beneficio dos veciños desta localidade.

Así o explicaron hoxe en rolda de prensa, detallando partida por partida, o secretario xeral do PP de Lugo e deputado autonómico, Jose Manuel Balseiro e o tamén parlamentario, Agustín Baamonde, acompañados do alcalde de Vilalba e candidato á reelección Gerardo Criado.

Os populares quixeron facer balance destas dúas lexislaturas de goberno popular –aínda en marcha– e salientaron que, dispuxo dunha media de investimento do Goberno galego que supera, cada ano, os 26 millóns de euros para impulsar actuacións concretas no concello da capital da Terra Cha.

Afondando nas cifras desde o PP salientaron que as achegas con destino concreto en Vilalba superan os 11,4 millóns de euros aos que habería que sumar outros 114,59 millóns de euros máis, procedentes de partidas xenéricas pero, executadas tamén neste municipio.

RETO Á DEPUTACIÓN

Por outra banda, os populares, convencidos da importancia destes balances, como exemplo de transparencia ante os veciños, retaron á Deputación de Lugo a facer públicas as súas achegas. Desde o Partido Popular están convencidos de que serán moi inferiores porque, á hora da verdade, as forzas do bipartito provincial discriminan a todos aqueles concellos que non son da súa cor política, desatendendo necesidades dos veciños.

EMPREGO E BENESTAR

Un exemplo da discriminación da Deputación de Lugo está no acontecido co anterior plan de emprego provincial. Nel non puideron participar os veciños desempregados de Vilalba, porque este municipio foi expresamente excluído por Besteiro.

Pola contra, os investimentos en materia de emprego e benestar son un dos máis relevantes dos realizados pola Xunta nestes últimos seis anos, xa que a súas achegan teñen superado os 8,3 millóns de euros, entre outros nestas actuacións:

Construcción dunha escola infantil de 74 prazas 905.574 €
33 alumnos recibiron formación no Obradoiro de Emprego «Vilalba» (2009-2010) 700.000 €
22 alumnos recibiron formación no Obradoiro «Vilalba rehabilita» (2013-2014) 195.435 €
20 alumnos recibiron formación no Obradoiro «Terra Chá Urbaniza» (2014-2015) 177.668 €
780 persoas beneficiáronse de 52 Accións Formativas 1.810.000 €
110 persoas foron contratadas a través dos plans de cooperación 1.218.700 €
Subvención para a Fundación de discapacidade intelectual de Vilalba, para a reforma e equipamento do centro ocupacional 90.000 €
Plan Concertado 589.919 €
SAF dependencia 2.356.673 €
Programas Integrados de Emprego 152.941 €
Contratación de 6 orientadores laborais 141.631 €
Contratación de 5 persoas en risco de exclusión social 43.414 €

INFRAESTRUTURAS

Na mellor das infraestruturas locais o Goberno galego investiu 1,3 millóns de euros repartidos nos seguintes conceptos: Adecuación do paseo do Conde ( 70.106 €), conservación, restauración do medio ambiente en rutas de senderismo e viais, camiños e pistas (267.376 €), conservación e restauración do medio ambiente en viales rurais do concello (267.376 €), conservación e restauración do medio ambiente en vías rurais (204.276 €), mellora e conservación de viais e rutas de senderismo (183.728 €), mellora e conservación de viais e adquisición de cabezal de desbrozadora (367.273 €)

DEPORTES E IGUALDADE

No ámbito deportivo tamén hai achegas relevantes como son os investimentos autonómicos en axudas a clubs (78.049,31 €), a dotación de herba artificial na área deportiva da Magdalena e de novas porterías (323.000 €), e as obras de acondicionamento de almacéns e oficinas no pavillón polideportivo (57.000 €)

Para o mantemento do Centro de Información da Muller (CIM) a Xunta achegou 170.272 € aos que habería que engadir outras axudas en promoción da igualdade e asociacións varias ata completar os 226.000 euros investidos neste ámbito.
SANIDADE, EMERXENCIAS E NOVAS TECNOLOXÍAS

O Goberno galego instalou unha nova calefacción con sistema de regulación e control e acometeu a reparación de terrazas no Centro de Saúde da localidade, para o que achegou 10.076,03 €, aos que habería que engadir outros 24.758,42 € para a substitución do grupo electróxeno 
Na mellora dos servizos de emerxencia hai investidos case un millón de euros, entre mantemento, equipamento do parque de bombeiros comarcial, os convenios de protección civil, o plan de atención ao peregrino e a contratación de auxiliares de policía local durante a tempada de verán

En materia de xustiza, as achegas superan os 27.000 € investidos en obras diversas tales como a reforma da sala de caldeiras no Xulgado, substitución de 50 plafones por outros de aluminio, cambios de lavabos, renovación de equipos de novas tecnoloxías etcétera

OUTRAS ACTUACIÓNS

Outras actuacións promovidas polo Goberno galego son a dotación de medios para programar actividades no Museo de Prehistoria e Arqueoloxía (50.000 €), a renovación de equipamentos de difusión por tecnoloxías máis eficientes e axudas á televisión dixital terrestre (1.200 euros)

PARTIDAS XENÉRICAS TERRITORIALIZADAS

Xa no ámbito das partidas xenéricas, pero executadas en Vilalba, a consellería que maior investimento achegou foi a do Medio Rural con ata 78 millóns de euros, en ámbitos tan diversos como o impulso de proxectos dinamizadores (806.983,77 €), o Plan Marco Programa Mellora Acceso a Camiños (403.272,35 €), os Proxectos Leader (1.117.948,49 €), a Área infraestruturas (1.927.185,60 €), o Fondo de Garantía Agraria (50.373.346,01€), a Producción agropecuaria (21.804.060,34 €), a Prevención contra os incendios forestais (533.635,26 €), convenios e subvencións de prevención de incendios (1.153.903,07 €) e diversas actuacións de Ordenación e fomento forestal (868.734,92 €)
Tamén a consellería de Economía e Industria fixo un importante esforzo inversor en Vilalba, con achegas por valor de 16,4 millóns de euros distribuídas do seguinte xeito:

Promoción, modernización e desenvolvemento do sector comercial 1.193.780,30 €
Investimento no eido enerxético 1.734.135,76 €
Dinamización da actividade económica e empresarial (Entre eles 150.000€ na mellora da praza de abastos) 12.157.389,94 €
Desenvolvemento da innovación e investimentos tecnolóxicos 1.402.282,51 €

Desde o PP destacaron as achegas da consellería de Cultura e Educación, con diversas obras nos centros educativos –colexios e institutos- (349.300,83 €) e o impulso de actividades no ámbito cultural (6.986,01 €). Tamén son importantes os investimentos no Plan de banda larga (514.688,83 €) e para o desenvolvemento e implantación da rede de novas tecnoloxías educativas Abalar (123.981,22 €)

Finalmente salientaron as achegas da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, que superaron os 18,1 millóns de euros

Investimentos nas obras en estradas 12.924.130,76 €
Conservación integral 2.654.686,32 €
Licitación da redacción dos proxectos de sendas peonís e carrís bici a executar nas estradas autonómicas da comarca 34.930,08 €
PXOM 422.858,79 €
Inversión en Medio Ambiente 1.115.490,96 €
Reparacións de vivendas de promoción pública  34.999,70 €
Axudas para rehabilitación de vivendas 873.252,07 €
Axudas para adquisición de 41 vivendas protexidas 55.189,53 €