Madrid, 27 de Marzo de 2014.- O Presidente do Partido Popular de Lugo, José Manuel Barreiro, e o candidato á alcaldía e voceiro do Grupo Popular, Jaime Castiñeira, certificaron na reunión que se celebrou onte en Madrid o compromiso do Ministerio do Interior para que a futura Comisaría se ubique no barrio da Residencia. Sobre os avances deste proxecto falaron durante a entrevista que mantiveron onte co Director General da Policía Nacional Ignacio Cosidó.
Barreiro e Castiñeira explicaron que o representante do Ministerio de Interior “amosou a súa predisposición a axilizar os trámites para ubicar no barrio da Residencia a futura Comisaría da Policía Nacional”. Os populares desvelaron que, de feito, xa se deron os primeiros pasos indicando como “o pasado 4 de marzo un equipo técnico do organismo estatal desprazouse a Lugo para revisar as dúas edificacións que hai no barrio e determinar onde sería máis convinte ubicar esta comisaría”.
Os populares matizaron que no informe se sinala que a ubicación da Comisaría, nesta zona, é a idónea ainda que se abren dúas posibilidades: a de recuperar o antigo edificio do Materno ou ben demoler o edificio vello de hospitalización e construir neste espazo a nova Comisaría.
O alcaldable popular, Jaime Castiñeira, afirmou que se o PP chega ao goberno o barrio da Residencia terá Comisaría e zona dotacional neste espazo recriminando o inmovilismo de Orozco para revitalizar o barrio lembrando que “dende o ano 2.000 se sabía que a Residencia ía quedar sen hospital”.
Castiñeira engadiu que “aos técnicos o edifico do materno parece o máis adecuado xa que ofrece moitas posibilidades para adaptalo e convertilo nunha Comisaria moderna e amplia”. O alcaldable tamén engadiu que dese xeito facilitariamos que o espacio que ocupa o outro inmoble se converta nunha zona verde”. Os populares manteñen que estas novas dotacións dinamizarían o barrio á vez que mellorarían a seguridade do entorno.
Os populares matizaron que sempre se creeu que o Materno tiña usos sanitarios pero, logo de analizar toda a documentación dos edificios e mailo seu entorno, concluiuse que non había ningún condicionante para ningún uso específico. Castiñeira lembrou que “no PXOM en vigor figura esta zona como equipamento dotacional polo que é viable a ubicación, en calquera dos inmobles, da Comisaría”.