Lugo 26 de marzo de 2015.- O presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, anunciou esta mañá ao número un da lista dos populares na Pobra do Brollón.
Trátase de Fernando Parada Veiga, un funcionario de correos, que exerce esta labor no propio municipio. Nado en Saa, Pobra de Brollón, o 11 de maio de 1959, leva doce anos en política local, desempeñando a labor de edil. Actualmente exerce de voceiro popular no municipio.
José Manuel Barreiro animou ao alcaldable popular a traballar para gañar a alcaldía e situar a este Concello da zona sur da provincia de Lugo onde se merece.
Pola súa banda, Parada Veiga agradeceu ao partido a confianza depositada na súa persoa para este acometido e dixo que se esforzará para lograr o reto de gañar a alcaldía. Dixo tamén que traballará dende a responsabilidade e honestidade e sempre atendendo as peticións e demandas dos veciños.