Partido Popular de Lugo

A XUNTA DE GALICIA INVESTIU 34,4 MILLÓNS DE EUROS EN MONTERROSO NOS ÚLTIMOS SEIS ANOS

Monterroso, 26 de marzo de 2015.- O secretario xeral dos populares lucenses e deputado, Jose Manuel Balseiro acompañado da candidato á alcaldía de Monterroso, Pilar Valera, salientaron esta mañá, que a Xunta de Galicia investiu neste municipio mais de 34,4 millóns de euros nos últimos seis anos.

Os representantes populares salientan que desde que Alberto Núñez Feijóo preside o Goberno galego a administración autonómica puxo en marcha un novo colexio e un novo centro de saúde nesta localidade, constituíu o Grupo de Emerxencias Supramunicipais, que ten base neste municipio, e achegou investimentos que, cada ano como media, superan os 5,7 millóns de euros en obras, servizos e transferencias en beneficio dos veciños de Monterroso.

Afondando nos datos ofrecidos indicaron que as achegas con destino concreto neste termo municipal superan os 7,1 millóns de euros, aos que habería que engadir 26,69 millóns de euros máis, correspondentes a partidas xenéricas achegadas á comarca de Chantada pero executadas, en concreto, no termo municipal de Monterroso.

RETO Á DEPUTACIÓN QUE SO VENDE FUME

Desde o PP salientaron que as cifras oficiais desmenten o reiterado discurso do alcalde socialista, sobre unha falsa discriminación do municipio a amosan que a Xunta de Galicia é, con diferenza, a administración que maior esforzo inversor realiza en Monterroso.

Balseiro e Varela, que salientan a importancia de render contas ante os cidadáns retaron aos responsables da Deputación e ao propio alcalde a que tamén fagan público os investimentos achegados pola administración provincial neste concello, que seguro serán moito menores, xa que o bipartito, no que respecta a Monterroso, tan só sabe vender fume.

Van máis alá e incluso adiantan que, de non facelo, será o PP quen faga públicos eses datos para que os veciños poidan comprobar o compromiso de cada quen co municipio.

EMPREGO, EDUCACIÓN E SAÚDE

Entre as principais actuacións máis relevantes descritas polos populares destacan aquelas dirixidas ao ámbito do emprego e benestar, “tan importantes en tempos de crise” para as que se destinaron entorno a 1,6 millóns de euros, e citaron:

• 135 persoas beneficiáronse de 9 accións formativas: 505.800 €
• un total de 66 persoas foron contratadas a través dos plans de cooperación: 722.400 €
• 20 alumnos recibiron formación no obradoiro de emprego «ULLA-MIÑO II» ; 177.668 €
• Para o financiamento do plan concertado de servizos sociais a Xunta realizou unha achega de 197.848 €

Na mellora do servizo público de saúde a Xunta achegou máis de 1,5 millóns de euros, distribuídos na construción dun novo centro de saúde(1.500.000 €) e na dotación do equipamento necesario para o funcionamento e posta en marcha deste centro (141.000 €)

A Xunta tamén apostou tamén pola educación pública achegando para o novo colexio 3.300.000 euros, un centro que conta cunha superficie útil de máis de dous mil metros cadrados e posúe novas unidades de educación infantil e de primaria

En materia de territorio o Goberno galego achegou 135.000,00 euros para o PXOME e 22.588,63 para outras actuacións en materia de urbanismo.

No ámbito da xestión das emerxencias, achegáronse case un millón de euros, que se distribuíron para a posta en marcha do Grupo de Emerxencias Municipais, os convenios de apoios aos voluntarios de Protección Civil, o convenio de apoio a peregrino, a compra de aparatos detectores de gas, a cesión de varios vehículos e a loita contra incendios.

Outras actuacións son:

• Axudas a clubs: 15.505,81 €
• Axudas TDT satélite: 2.176 €
• Apoios á asociación de consumidores e usuarios: 2.000 €
• Construcción dun novo parque infantil na praza de Antonio Rojo Losada: 8.816 €
• Transferencias para o financiamento do xulgado de paz: 15.789 €

PARTIDAS TERRITORIALIZADAS

Finalmente, no ámbito das partidas xenéricas con destino no concello de Monterroso a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas destinou 1,1 millóns de euros en investimento nas obras en estradas. principalmente na LU-212 (Taboada-Monterroso), conservación integral e axudas para a mellora dos servizos ambientais.

A Consellería de Economía e Industria achegou 4,7 millóns de euros para a promoción, modernización e desenvolvemento do sector comercial (438.431,79 euros), investimento no eido enerxético (984.677,28 euros), dinamización da actividade económica e empresarial (3.250.550,93 euros), desenvolvemento da innovación e investimentos tecnolóxicos (99.854,08 euros)

Tamén hai achegas da Consellería do Medio Rural:
• Proxectos dinamizadores: 314.177,54 €
• Plan Marco Programa Mellora de Camiños:116.977,73 €
• Proxectos Leader: 269.469,42 €
• Área Infraestruturas: 88.458,01 €
• Fondo de Garantía Agraria: 10.298.957,22 €
• Mellora da produción agropecuaria: 9.404.968,40 €
• Prevención contra os incendios forestais: 84.880,01 €
• Convenios e subvencións de prevención de incendios: 391.078,92 €
• Ordenación e fomento forestal: 251.801,84 €

Por último o Goberno galego investiu 178.404,32  euros na mellora do patrimonio cultural, 359.974,21 euros no Plan Banda Larga de Galicia, 30.824,30 euros para equipamentos TIC para desenvolvemento do proxecto Abalar e 13.479,43 euros para novos equipamentos no ámbito deportivo.