Lugo 25 de marzo de 2015.- A alcaldesa de Lourenzá e candidata para as vindeiras eleccións municipais, Emma Álvarez Chao, anunciou esta mañá a persoa que ocupará o posto número dous na lista popular.
Trátase de Francisco Javier Rodríguez (Lourenzá, 1975), residente en Santo Adrao, casado e sen fillos. Este mozo de 39 anos, traballa nunha coñecida empresa, onde desempeña labores de mantemento, saneamento e depuración de augas potables e residuais; tamén se encarga da parte administrativa dos servizos.
Pola súa banda, a rexedora, mostrou a súa satisfacción por poder contar con persoas como Javier, do que resaltou o seu compromiso, seriedade e capacidade de traballo. Dixo ademais que o número dous é unha persoa moi coñecida tanto no pobo de Lourenzá coma en tódalas parroquias do Concello.
O número dous, que é a primeira vez que figura na lista, agradeceu a Emma Álvarez a confianza depositada na súa persoa. Dixo afrontar este acometido con moita ilusión e ganas e comprometeuse a traballar con responsabilidade e honestidade.