Sarria, 23 de marzo de 2015.- Desde que Feijóo preside a Xunta de Galicia, nos últimos seis anos, o Goberno galego ten investido 21,6 millóns de euros en obras, transferencias e servizos no municipio lucense de O Incio. Así o salientaron esta mañá en rolda de prensa, o secretario xeral dos populares lucenses, Jose Manuel Balseiro, acompañado dos tamén deputados autonómicos Ángel Camino Copa e Jaime Íñiguez e do candidato do PP á alcaldía de O Incio, Jose Álvarez
Os populares explicaron que a Xunta estivo presente, “dun xeito notable e significativo” neste municipio, achegando recursos que superan, cada ano, unha media de 3,6 millóns de euros en investimentos. “A realidade obxectiva das cifras demostra o compromiso do Goberno galego cos veciños de O Incio, así como que a Xunta é a administración que fixo un maior esforzo inversor neste municipio”
Desde o Partido Popular tamén subliñan que o Goberno galego non se move en función da cor política da alcaldesa de turno –a diferenza do que fan outras administracións, como a provincial- senón que responde con obras, servizos e investimentos en función das necesidades obxectivas dos veciños, neste caso, cunha firme aposta por O Incio.
RETO Á ALCALDESA E RESPONSABLES PROVINCIAIS
Retaron tamén a alcaldesa socialista e aos responsables do bipartito provincial a facer público, como eles, o balance de investimentos do Goberno provincial en O Incio, “que seguro será moito menor”, e sinalaron que se non o fan nun tempo prudencial, será o PP quen dea esas cifras, “para que os veciños poidan coñecer o compromiso de cada quen co municipio”.
“O apoio do Goberno galego a O Incio non resiste comparación, a Xunta é, con moita diferenza a que maior esforzo inversor realiza na localidade”, sinalan desde o PP.
OBRAS, SERVIZOS E NOVOS INVESTIMENTOS
Afondando nos datos ofrecidos indicaron que as achegas con destino concreto neste termo municipal superan os 7,9 millóns de euros, aos que habería que engadir 14,3 millóns de euros máis, correspondentes a partidas xenéricas destinadas á comarca de Sarria pero executadas, en concreto, no termo municipal de O Incio.
Entre os investimentos máis relevantes cómpre citar, no ámbito da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas: a renovación e ampliación da praza do concello (323.236 €) e construción de vivendas de promoción pública (1.100.000 €) ou as obras executadas nas seguintes vías
A mellora do firme e da sinalización na estrada
LU-642 187.000 €
Reforzo do firme LU-546,
PK:33+500 ao 38+400
375.000 €
Adaptación da estrada LU-641
(1º fase) Desde o PK 7+360 ao 14+730
3.654.707€
-Obras da 2ª fase LU-641
Travesía de Santa María do Mao, 400.000 €
Dentro dos investimentos en materia de emprego e benestar, para os que a Xunta achegou preto de 500.000€, salientamos a construción dunha escola infantil (142.000 €), a contratación de 5 persoas a través dos plans de cooperación (45.000 €), para o financiamento do plan concertado de servizos sociais (123.956 €) e para o servizo de axuda no fogar para persoas en situación de dependencia ( 179.161 €)
MELLORA DA SINAL DE TDT
Para a mellora do sinal da televisión dixital terrestre a Xunta investiu 93.000€, outros 86.667 € para a dotación tecnolóxica dirixida a facilitar a transición á TDT. Tamén achegou recursos o Goberno galego para a adaptación do centro de tv municipal (3.820 €), renovación de equipamentos de difusión (951 €) e para axudas TDT satélite investíronse 1.996 €
XUSTIZA, EMERXENCIAS E PROTECCIÓN CIVIL
Outras actuacións foron: Financiamento para gastos funcionamento de xulgados de paz: (44.977 €), Parque contra incendios. Mantemento, operatividade e construción (866.619 €), agrupación de voluntarios do GRUMIR e Protección Civil: (7.492 €) e dotación de medios. vehículo de protección civil (22.988 €)
PARTIDAS XENÉRICAS TERRITORIALIZADAS
No ámbito das partidas xenéricas territorializadas neste concello, executadas neste municipio, podemos destacar:
• Na área de infraestruturas destacan os investimentos en materia de conservación integral nos que se achegaron 431.825,46 €
A Xunta tamén achegou, nestes últimos seis anos:
• Axudas para a rehabilitación de vivendas: 74.546,71 €
• Axudas para a adquisición de vivendas protexidas: 22.197,34 €
• Proxectos dinamizadores: 62.903,03 €
• Plan marco programa mellora de camiños municipais: 42.126 €
• Promoción, modernización e desenvolvemento do sector comercial: 181.744,20 €
• investimento no eido enerxético: 297.405,84 €
• Dinamización da actividade económica e empresarial: 927.239,65 €
• Desenvolvemento da innovación e investimentos tecnolóxicos: 150.908,00 €
No financiamento de distintos proxectos europeos:
• Proxectos Leader: 91.938,67 €
• Area infraestruturas: 250.669,60 €
Investimentos no medio rural:
• Fogga: 7.580.243,35 €
• Produción agropecuaria 3.567.155,53 €
E na protección forestal:
• prevención contra os incendios forestais: 49.398,10 €
• convenios e subvencións de prevención de incendios: 137.958,46 €
• ordenación e fomento forestal: 169.041,86 €
E outras actuacións:
• investimento en equipamento de centros: 21.894,30 €
• plan banda larga de Galicia (internet): 313.640,48 €