O Partido Popular de Burela emitiu hoxe unha nota de prensa en relación coas declaracións feitas por Lara Méndez e Alfredo Llano sobre a visita do Presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo e o cumplimento dos seus compromisos coa ampliación do Hospital.
Na mesma, os populares bureleses afirman que “estamos satisfeitos co grado de cumplimento dos compromisos adquiridos polo Presidente da Xunta, e tamén cos pasos que se están dando, que van na dirección que queremos, que a ampliación do Hospital sexa unha realidade”.
En relación coa nota feita pública polos socialistas Méndez e Llano, os populares pregúntanse: “Qué fixo o PSOE pola ampliación do hospital? A resposta é sinxela, nada. Nada, porque o bipartito nunca plantexou a ampliación do centro sanitario, e por riba o investimento no centro sanitario do bipartito foi igual a cero, recoñecido en sede parlamentaria”.
Para o PP burelés, “nin Lara Méndez nin Alfredo Llano son quén para pedir prazos, presupostos, etc. O goberno de Feijoo é o goberno que consigna cartos nos presupostos da Xunta, e é Alberto Núñez Feijoo o primeiro presidente da Xunta que vén a Burela para comprometer e concretar as obras de ampliación do Hospital, obras que se licitarán neste ano. Si os socialistas non se enteran, é problema deles”.
“Os socialistas deben tranquilizarse, porque moito ó seu pesar o Hospital se ampliará, e moito ó seu pesar o Hospital está aumentando servicios, véxase servicio de HADO, Oncohematoloxía, nova sala de endoscopias, etc.; e moito ó seu pesar, non se suprimiu ningún servicio. E por suposto o Hospital segue sen rodas, nin se foi nada para ningún sitio nin se irá”, afirman desde o PP burelés.
Finalmente, o PP de Burela afirma que “a palabra do Presidente da Xunta Núñez Feijoo no Hospital vai á misa, e eso sábeno os propios profesionáis, e tamén os veciños de Burela e da Mariña, porque comprometeu cartos, cáseque vinte millóns de euros, e prazos; sábeno todos, menos os socialistas. O que non tén ningún valor é a palabra dos socialistas, e para eso chega con lembrar os tres anuncios, tres, noutros tantos plenos do concello de Burela, que fixo Llano sendo alcalde, sobre un investimento de sete millóns de euros para a ampliación do Hospital polo bipartito. Xa vemos que o bipartito non fixo nada, e tamén os de Burela sabemos (con bastantes socialistas incluidos) que a palabra de Llano nin tivo nunca nin tén ningún valor”.