Ribadeo, 19 de marzo de 2015.- O presidente do PP de Ribadeo e candidato á alcaldía, Jesús López Penabad, tildou de auténtico éxito as xuntanzas mantidas cos veciños das diversas parroquias ribadenses.
Ata o día de hoxe, leváronse a cabo seis xuntanzas nos distintos lugares e finalizarán o vindeiro 30 de marzo en Couxela.
Nestes encontros os populares están recollendo propostas dos ribadenses para redactar o programa electoral co que concorrerá de eleccións municipais e tamén están informando do recen aprobado Plan Xeral de Ordenación Municipal.
López Penabad tamén lembrou que a sede dos populares en Ribadeo estará aberta para calquera dúbida ou consulta tódolos mércores de 19:30 a 21:30.
ALMANAQUE DE XUNTANZAS
Hoxe, xoves, 19 de marzo: 21:30 Noceda e 22:00 Remourelle
Luns, 23 de marzo: 21:30 Piñeiro e 22:00 Cedofeita
Martes, 24 de marzo: 21:30 Villamariz e 22:00 Arante
Mércores, 25 de marzo: 20:30 Rinlo e 21:30 Villaframil
Xoves, 26 de marzo: 22:30 Santalla de Vilaosende
Venres, 27 de marzo: 21:30 Rochela e 22:00 A Devesa
Luns, 30 de marzo: 21:30 Couxela