Partido Popular de Lugo

GUITIRIZ RECIBIU NOS ÚLTIMOS SEIS ANOS 48,2 MILLÓNS DE EUROS DA XUNTA DE GALICIA

Guitiriz, 19 de marzo de 2015.- Os deputados do Grupo Popular Jose Manuel Balseiro e Agustín Baamonde, acompañados do alcalde e candidato popular á reelección, Xose María Teixido, salientaron esta mañá, en rolda de prensa, que nos últimos seis anos Guitiriz recibiu un investimento de 48,2 millóns de euros da Xunta de Galicia.

Os tres representantes populares explicaron que os recursos económicos achegados polo Goberno galego para novas obras, servizos e e transferencias superan cada ano, por termino medio, os 8 millóns de euros en investimentos.

Afondando nos datos ofrecidos indicaron que as achegas con destino concreto neste termo municipal superan os 4,8 millóns de euros, aos que habería que engadir 43,3 millóns de euros máis, correspondentes a partidas xenéricas achegadas á comarca da Terra Cha pero executadas, en concreto, no termo municipal de Becerreá.

Desde o PP insistiron na importancia de render contas ante os cidadáns da acción da Xunta e retaron aos responsables da Deputación a que tamén fagan público os investimentos achegados pola administración provincial neste concello, que seguro serán moito menores, xa que o bipartito, no que respecta a Guitiriz, tan só sabe vender fume.

Tanto os deputados como o alcalde puxeron en valor o forte compromiso inversor da Xunta e indicaron que, en tempos non exentos de dificultade teñen máis relevancia aínda, estes apoios da Xunta en beneficio das veciñas e veciños desta localidade chairega.

MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS LOCAIS

Entre as principais actuacións descritas están as dirixidas a novos equipamentos e infraestruturas locais, financiadas pola Xunta, a través de achegas específicas ou con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental. Nestes últimos seis anos estes recursos superaron os  614.884 euros

Entre elas citaron a adecuación e mellora nas escolas das Ventisca, xunto a igrexa e na casa consistorial (23.150€), o acondicionamento do entorno da ruta da auga (28.852 €), equipamento casa Barxa e pavillón de deportes (8.799 €), praza do Ecce Homo: centro de interpretación, ruta da auga (98.368 €), saneamento de augas residuais en Digañe, en Santa Leocadia (98.368 €), adquisición de equipamento para recuperación de espazos naturais (95.829 €) e mantemento e conservación de servizos e infraestruturas ambientais (261.518 €)

EMPREGO E BENESTAR

En materia de emprego e benestar o goberno galego investiu en Guitiriz, máis de 3,2M€, entre outras actuacións para: contratar a 66 persoas a través dos plans de cooperación (712.500 €), para beneficiar a 25 alumnos que recibiron formación no obradoiro de emprego «Xergoriz» (ano 2012-2013: 220.414 €) outros 20 alumnos recibiron formación no obradoiro «Chaira sur» (ano 2013-2014: 177.668 €) ou finalmente os 20 alumnos recibiron formación no obradoiro «Chaira sur II» (ano 2014-2015:177.668 €)
Outras achegas nesta ámbito serviron para financiar o Plan concertado de servizos sociais municipais con 277.539 €, para o soporte do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes destináronse (1.537.472 €), a Xunta tamén financiou a contratación de 3 orientadores laborais (150.891 €)

EMERXENCIAS

No ámbito das emerxencias achegáronse case un millón de euros: mantemento e operatividade do parque contra incendios (833.972€) convenio Grumir/sub. agrupación voluntarios (45.805€), convenio plan atención ao peregrino (9.675 €), compra de aparatos detectores de gas (962 €), convenio de colaboración para creación e implantación dos Grupos Supramunicipais de Emerxencias (50.000 €), adquisición e cesión dun vehículo de protección civil ( 22.988 €) e contratación de auxiliares de policía local durante a tempada de verán (2.200 €)

Outras actuacións salientables foron:

• Investimentos en materia de promoción da igualdade, conciliación ou prevención da violencia: 4.501,74 €
• Transición á televisión dixital terrestre, adaptación do centro de tv municipal, renovación de equipamentos de difusión por tecnoloxías máis eficientes: 18.284 €.
• Axudas a clubs deportivos: 12.484 €
• Inversión para o soporte e mantemento de ferramentas, plataformas e infraestruturas da rede Cemit (internet): 5.789 €
• Inversión para xestión de proxectos de inclusión dixital: 2.303 €
• Subvención para o apoio das actuacións de inclusión dixital e alfabetización informática recollida no convenio Xunta-Fegamp 15.000 €

ACHEGAS XENÉRICAS

Dentro das xenéricas territorializadas, destacan as da Consellería de Economía e Industria para promoción, modernización e desenvolvemento do sector comercial (449.161,05 €), para investimento no eido enerxético (652.470,34 €), dirixidas a dinamización da actividade económica e empresarial (4.574.230,29 €) e para desenvolvemento da innovación e investimentos tecnolóxicos (527.610,21 €), entre as que se atopan apoios do IGAPE, avais e micocreditos a profesionais e empresas

Pola Consellería de Educación e Cultura, achegáronse 192.612 euros para obras de mellora nos colexios e institutos da localidade e 2.628,49 euros máis para actividades de ámbito cultural.

Desde a Consellería do Medio Rural os investimentos foron dirixidos á promoción de Proxectos dinamizadores (303.628,46 €), ao Plan Marco Programa Mellora Acceso a Camiños de Titularidade Municipal (151.731,63 €), aos Proxectos Leader (420.629,25 €), á Área Infraestruturas (725.105,53 €), ao Fondo de Garantía Agraria (18.953.022,53 €), a Produción agropecuaria (8.203.799,82 €), Prevención contra os incendios forestais (200.780,81 €), a Convenios e subvencións de prevención de incendios (434.157,20 €), e a Ordenación e fomento forestal (326.862,39 €)

En colaboración coa Mancomunidade a Xunta promoveu 62 accións formativas das que se beneficiaron 891 persoas, por un importe, executado en Gutiriz de (275.992,06 €), outras 22 persoas foron contratadas a través dos plans de cooperación, dos que Guitiriz recibiu (30.188,27 €) e outros 41.909,26 € foron destinados ao Plan Concertado

Finalmente a Consellería de Medio Ambiente infraestruturas destinou para Guitiriz as seguintes achegas:

Investimento nas obras en estradas 4.862.717,31 €
Conservación integral 998.828,42 €
Investimento en sendas peonís e carrís bicis nas estradas autonómicas da comarca 13.142,48 €
PXOM  159.101,05 €
Inversión en Medio Ambiente 419.704,60 €
Reparacións de vivendas de promoción pública 13.168,67 €
Rehabilitación de vivendas 328.561,98 €
Adquisición de 41 vivendas protexidas 20.765,11 €