Xermade, 18 de marzo de 2015.- Logo do proclamado no día de onte polo presidente da Deputación de Lugo, de reparar o vial que une Vilalba con Momán, o rexedor de Xermade agarda que o anuncio non quede en papel mollado e lémbralle ao Señor Besteiro, que tamén ten a obriga de reparar as demais estradas provinciais ao seu paso polo municipio, que están nun estado deplorable.
Tomás Rodríguez Arias considera polo tanto o anuncio insuficiente e unha discriminación ás demáis carreteras, así coma, a todos os cidadáns que pasan pola zona e teñen que soportar un pavimento totalmente deteriorado e fochancas de tódalas dimensións.
O rexedor, quen puxo en coñecemento do presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro e do Delegado de Vías e Obras, Manuel Martínez, a deplorable situación da rede de estradas provinciais ao seu paso polo municipio e lle pediu o seu arranxo, ve lamentable que o presidente do Ente provincial asista á parroquia de Tardade a anunciar unha actuación e non mencione nin anuncie actuacións para o resto dos viais que son da súa titularidade e se atopan en condicións pésimas.
Rodríguez Arias enumera os demáis viais provinciais, que se atopan en nefasto estado dende os últimos temporais que azoutaron a zona e que na xornada de onte nin mencionou: LU-P-2201 entre Xermade e Candamil (3.552 metros); LU-P-2204, de Momán a Puentes a Portosouto (9.781 metros); LU-P- 2205, de Xermade por Miraz a Portosouto (5.970 metros) e a LU-P-2265 e 2219 de Vilalba a Camposo de Vilamayor e Rampa a Xermade (12.392 metros).
O alcalde de Xermade mostra a súa preocupación polo estado que supón esta situación para todos os cidadáns e condutores que transitan pola zona, ademais do gasto que trae consigo, posto que se expoñen ao risco de sufrir un accidente porque, en numerosas ocasións, vense na obriga de dar bandazos para esquivar as fochancas ou de rebentar as rodas dos seus vehículos tras introducirse estas nos baches.