Becerreá, 18 de marzo de 2015.- Os deputados do Grupo Popular Jose Manuel Balseiro e Ángel Camino Copa, acompañados do candidato do Partido Popular á Alcaldía local, Miguel Cela, salientaron esta mañá que nos últimos seis anos Becerreá recibiu un investimento de 31,2 millóns de euros da Xunta de Galicia.
Os populares aseguran que as cifras oficiais “desmenten o permanente victimismo do alcalde”, o socialista Manuel Martínez en contra da Xunta e sitúan ao Goberno galego “como a administración que maior esforzo inversor realiza nesta localidade”.
Desde o PP retan a Martínez, como integrante do goberno provincial, “a que faga públicos os investimentos achegados pola Deputación que, con toda seguridade, distarán moito dos que fixo a Xunta de Galicia”, o que demostra que Martínez intentou enganar aos veciños, asegurando que o Goberno galego discriminaba á localidade.
EN BENEFICIO DOS VECIÑOS
Balseiro, Copa e Cela fixeron un repaso polos distintos investimentos achegados desde que Alberto Núñez Feijóo preside a Xunta de Galicia e indicaron que as actuacións descritas supoñen “unha media que supera os 5,2 millóns de euros cada ano, en obras, servizos e transferencias en beneficio dos veciños de Becerreá”.
Afondando nos datos ofrecidos desde o Grupo Popular explicaron que o investimento con destino concreto neste termo municipal superou os tres millóns de euros, aos que habería que engadir 28,1 millóns de euros máis, correspondentes a partidas xenéricas achegadas á comarca dos Ancares, pero territorializadas, en concreto, no termo municipal de Becerreá.
SERVIZOS SOCIAIS E EMPREGO
Entre as principais actuacións descritas están os investimentos achegados no ámbito dos servizos sociais e do emprego, que superan os 1,5 millóns de euros. Entre eles, o financiamento por parte da Xunta de seis accións formativas das que se beneficiaron 90 veciños, e nas que se investiron 292.000 euros, a contratación de 69 persoas a través do plan de cooperación co Concello para o que se destinou 786.600 euros ou o financiamento con 467.857 euros do Plan concertado para o sostemento dos servizos municipal de benestar e axuda no fogar.
EMERXENCIAS
Entre as transferencias máis cuantiosas destacan os 176.030 euros destinados ao financiamento do Grupo de Emerxencias Supramunicipais, Aos que habería que engadir 133.000 euros que custou a nova motobomba transferida pola Xunta e os 866.619 euros da parte que lle corresponde a Becerreá na construción e mantemento do parque comarcal contraincendios.
Outras contías relevantes son os 10.973 euros investidos no plan de mellora das infraestruturas xudiciais (instalacións de pasamáns, cheminea, reparación xeral da cuberta no xulgado de Becerreá) ou os 19.288 euros investidos no acondicionamento do espazo urbano fronte ao centro de saúde.
Tamén cómpre significar os 95.444 euros investidos na mellora dos equipos de difusión e recepción da televisión dixital terrestre e adaptación dos centros de repetición ou os 13.000 que durante estes anos a Xunta destinou a reparacións varias en vivendas de promoción pública nesta localidade.
O Goberno galego tamén investiu 5.789 euros no soporte e mantemento de ferramentas e plataformas da rede CeMIT ou os 2303 destinados á xestión de proxectos de inclusión dixital. O Plan de Banda larga contou cun investimento de 736.485 euros, aos que hai que engadir 28.329 euros máis para os equipamentos de novas tecnoloxías dos centros educativos (rede Abalar)
Outros investimentos salientables son os 173.000 euros achegados para a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e os 9.966,27 destinados á axudas de clubs deportivos.
Xa entre as partidas xenéricas destinadas ao conxunto da comarca dos Ancares pero territorializadas no municipio de Guitiriz destacan os seis millóns de euros investidos nas obras da estrada Lu-722 entre Becerreá e Navia de Suarna, os 935.147 euros que a CMATI destinou a conservación integral de vías, os 19.2530, 36 euros investidos na xestión do espazo natural de Os Ancares e 230.211 euros máis para axudas de rehabilitación de vivendas.
O Goberno galego tamén fixo importantes achegas no ámbito da industria e o comercio: en promoción, modernización e desenvolvemento (119.931 euros), no eido enerxético e para garantir a mellor eficiencia do tendido eléctrico público (210.259 euros), para dinamización da actividade económica e empresarial (1,3M€) e para o desenvolvemento de distintos investimentos tecnolóxicos (22.067 euros)
Tamén hai achegas no ámbito da Consellería do Medio Rural e do Mar, para impulsar proxectos dinamizadores (134.512 euros) para o Plan Marco de mellora de camiños rurais (132.420,73 euros), para os proxectos Leader (111.547 euros), para o fondo de garantía agraria (13.555.978 euros) e para produción agropecuaria (2.159.252 euros). Outras achegas van destinadas a prevención de incendios forestais (381.857 euros) a convenios e subvencións con esta mesma finalidade (612.841 euros) e para ordenación e fomento forestal (264.656 euros)
Finalmente salientar as axudas para promoción e arranxo do patrimonio cultural (700.000 euros), para os centros educativos deste concello (263.000 euros), e para investimentos en deporte (14.302 euros)
CIFRAS E REALIDADE FRONTE AO VICTIMISMO
A contundencia dos datos ofrecidos sírvelle aos populares para desenmascarar os falsos argumentos de Martínez de quen agardan que, a partir de agora abandone ese discurso victimista, que o único que esconde e a súa nula capacidade de xestión e recoñeza dunha vez por todas, que afirmar como repite machaconamente que a Xunta ten abandonado a Becerreá non casa coa realidade obxectiva e constatable das cifras