Partido Popular de Lugo

Candia tilda de insuficientes os 700.000 euros para o Servizo de Axuda no Fogar básico

Lugo, 14 de marzo de 2015.- Logo do anuncio da Deputación de Lugo de financiar con 700.000 euros a axuda a domicilio básica, a voceira do grupo provincial popular, Elena Candia, tildou de insuficiente esta cuantía e considera este anunciou un insulto aos máis necesitados da provincia.

A popular manifestou que a Deputación de Lugo continua instalada na insumisión da norma e desoíndo aos Tribunais e lembra que o Organismo Provincial negouse a abonar en torno a 10 M€ que adebeda aos 66 concellos lucenses en materia de servizos sociais. Asemade, recorda, que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou integramente os argumentos do Organismo Provincial para incumprir cos municipios en materia de SAF.

Neste senso, Elena Candia, lembrou que socialistas e nacionalistas converteron  á de Lugo na única Administración galega que non financia integramente o Servizo de Axuda no Fogar básico, prexudicando aos veciños e aos Concellos e xustamente esta falta de compromiso do Goberno bipartito na Deputación de Lugo trouxo consigo consecuencias moi negativas para os municipios da provincia, quenes se viron ata agora na obriga de asumir con recursos propios ou a través de cotas que abonan os seus usuarios o financiamento do servizo.

Aclara a voceira do GPP, que a Xunta de Galicia non discrimina a provincia lucense en materia de servizos sociais e lembra os máis de 290 millóns de euros que invertíu entre os anos 2011-2014 na provincia. Asemade tamén recorda que Gómez Besteiro é o único responsable de deixar á Lugo sen convenio de colaboración co Goberno Galego en materia de Servizos Sociais e emprego tras negarse a asinar este documento que se lle remitiu á vez que ás outras deputacións galegas.