Partido Popular de Lugo

PP de Ribadeo pide ao rexedor coherencia sobre o acceso á praia de As Catedrais

Ribadeo 12 de marzo de 2015.- O presidente do PP de Ribadeo e candidato á alcaldía, Jesús López Penabad, instou ao rexedor a aclararse sobre o acceso á praia de As Catedrais.

Neste senso, o popular remitiu aos ribadenses a repasar a hemeroteca para comprobar que naquel entonces, o rexedor reclamaba o control de acceso a dito areal.

López Penabad manifestou que Suárez Barcia comezou unha liorta continua co Goberno Galego con este tema e que a propia Xunta o deixou en evidencia polo que agora pretende sacar o seu vitimismo e levar a contraria.