Partido Popular de Lugo

PP de Ribadeo percorrerá varias parroquias para redactar o programa electoral e informar sobre o PXOM

Ribadeo, 10 de marzo de 2015.- O PP de Ribadeo iniciará unha ronda de xuntanzas para redactar o programa electoral co que concorrerá de cara ao 24-M e para informar do aprobado Plan Xeral de Ordenación Municipal.

Anunciouno esta mañá o presidente da formación local e candidato á alcaldía, Jesús López Penabad, quen dixo quen a partires do vindeiro luns, día 16 de marzo, a agrupación que preside percorrerá as parroquias ribadenses para escoitar as súas demandas e peticións e plasmalas a continuación en dito documento.

Ao marxe disto, o alcaldable informou aos veciños que a sede dos populares en Ribadeo estará aberta para calquera dúbida ou consulta tódolos mércores de 19:30 a 21:30.

ALMANAQUE DE XUNTANZAS

Luns, 16 de marzo: 20:30 horas, Villaselán e 21:30 Piñeira
Martes, 17 de marzo: 20:30 As Anzas e 21:30 Cubelas
Mércores, 18 de marzo: 20:30 Ove e 21:30 Vilela
Xoves, 19 de marzo: 21:30 Noceda e 22:00 Remourelle
Luns, 23 de marzo: 21:30 Piñeiro e 22:00 Cedofeita
Martes, 24 de marzo: 21:30 Villamariz e 22:00 Arante
Mércores, 25 de marzo: 20:30 Rinlo e 21:30 Villaframil
Xoves, 26 de marzo: 21:30 Couxela e 22:30 Santalla de Vilaosende
Venres, 27 de marzo: 21:30 Rochela e 22:00 A Devesa