Chantada, 10 de marzo de 2015.- Vista a inquietude e o gran interese que espertan as novas axudas da PAC, e ante a necesidade de información contrastada, o PP de Chantada, presidido por Javier Rodríguez Medela, organiza, para mañá mércores, día 11 de marzo, unha charla informativa.
Os populares responden así as peticións e demandas dos chantadinos quenes demandaron información sobre este tema.
Serán, a Secretaria Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, Isabel Concheiro Rodríguez- Segade e o xefe de servizo provincial do FOGGA en Lugo, Fernando López López, os encargados de informar a tódolos asistentes destas axudas.
A charla terá lugar no Salón de Actos Sindicatos, ubicado na Praza de Galicia, do municipio chantadino e nela poderán participar tódolos cidadáns que o desexen.