Alfoz 10 de marzo de 2015.- 175. 000 euros para a nova construción de camiños secundarios e outras actuacións para a concentración parcelaria do expediente As Oiras Pereiro e 24.000 euros para modificar os acordos e recursos plantexados no expediente de concentración parcelaria Val de Alfoz. É o orzamento que ten consignado o Goberno Galego, concretamente a Consellería do Medio Rural e do Mar para estas actuacións en Alfoz.
Confirmoullo o Director Xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo ao rexedor deste municipio mariñao, Emilio Lousas, quen solicitou unha xuntanza co dirixente autonómico para coñecer a evolución destas actuacións e ratificar este acometido por parte do Goberno Galego.
Pola súa banda, Lousas aclara que a ratificación destes compromisos aceleran os traballos pendentes e van en paralelo as actuais labores de amojonamiento que se están levando a cabo a día de hoxe no concello.