Partido Popular de Lugo

Lamela presenta á número 2 do PP de O Valadouro

O Valadouro, 10 de marzo de 2015.- O presidente do PP de O Valadouro e candidato á alcaldía deste municipio, José Manuel Lamela, anunciou esta mañá a primeira e nova incorporación á súa lista para ás eleccións municipais do vindeiro 24 de maio.

Trátase de Rocío Blanco Pliego, unha moza de 35 anos, nada no concello ourensán de A Gudiña e afincada hai 10 anos no municipio mariñao de O Valadouro. Cursou estudos de técnico superior en administración e comercio, está casada e ten dúas fillas.

A popular, que nunca figurou nas listas nin en postos da executiva, di afrontar este novo compromiso con moitas ganas, ilusión e diálogo. Agradece a José Manuel Lamela a confianza depositada na súa persoa e comprométese a traballar duramente. Manifesta que intentará trasladar os seus principios á política polo que a igualdade de condicións para todos os veciños e veciñas e a cordialidade serán incondicionais.

Pola súa banda, José Manuel Lamela, manifestou a súa ledicia por poder contar no seu cadro de persoal con xente coma Rocío, “unha persoa  nova, moi válida, honesta e seria”- sentenciou.