Ribadeo, 7 de marzo de 2015.- O presidente dos populares ribadenses e candidato á alcaldía deste municipio, Jesús López Penabad, anunciou esta mañá a primeira e nova incorporación á súa lista para concorrer ás eleccións do 24 de maio.
Neste senso, o popular fichou como número 2 a unha licenciada en química e mestra de Ensinanza Secundaria. Trátase de Rosina Tosar López, quen estivo varios anos exercendo a súa labor de mestra no IES Porta da Auga de Ribadeo e na actualidade exerce a mesma función no concello veciño de Vegadeo.
López Penabad afirma que é un orgullo e satisfacción contar con xente nova para traballar por e para Ribadeo e lograr colocar ao municipio onde se merece.
Pola súa banda, Rosina Tosar, unha afiliada dende sempre ao partido pero que nunca concorreu en ningunha lista nin figura en postos da executiva, di afrontar esta nova etapa con moita ilusión.