Mondoñedo, 02 de marzo de 2015.- O Partido popular de Mondoñedo, “co firme propósito de buscar solucións aos problemas dos veciños”, novamente se coloca no lugar mais axeitado, e con plena dispoñibilidade para colaborar. Así o puxeron de manifesto os populares que critican a “deixadez” do equipo de goberno tanto na tramitación da licenza sobre a subestación como na defensa xudicial.
ANTECEDENTES
Os populares lembran que, tras que caducara a licenza outorgada no 2004; no 2006, un goberno popular denega a prorroga da licenza de forma expresa.
Neste senso, dende o Partido Popular lembran que os contadores “realmente puxéronse a cero para o actual equipo de goberno en setembro do 2007 cando novamente se solicita licenza e o actual equipo de goberno, BNG/PSOE fan caso omiso, e acaban permitindo que a licenza se entenda concedida por silencio positivo”.
Os populares consideran que “resulta moi difícil de entender a non contestación neste procedemento, toda vez que as obras que afecten a subestación de Mondoñedo, sempre foron un asunto de gran importancia para moitos veciños da nosa localidade”. “Sen dúbida, podemos entender que se dean ou deneguen licencias cos informes pertinentes, pero o que resulta imperdoable e que O NON TRABALLO e a deixadez na tramitación dos procedementos, acaben dando dereitos a terceiros”, matizan dende o PP.
A maiores, para os populares “a deixadez continuou no que a defensa xudicial se refire dado que a sentenza recolle que dende o Concello non foron quen de esgrimir nin un solo dos elementos que demostrarían que a obra era contraria o ordeamento xurídico”