Partido Popular de Lugo

Juan Serrano, candidato do PP á alcaldía de Portomarín

Lugo, 2 de marzo de 2015.- O líder dos populares lucenses, José Manuel Barreiro, anunciou esta mañá que o actual rexedor de Portomarín, Juan Serrano, volverá a encabezar a lista dos populares neste concello nas vindeiras eleccións municipais do mes de maio .
Barreiro puxo en valor o compromiso do popular cos seus habitantes e definiuno coma un alcalde entregado aos seus veciños e que traballa a prol das súas necesidades.

Con esta, é a terceira vez que Serrano concurre á alcaldía de Portomarín e di facelo coa mesma finalidade: “con honestidade e pensando única e exclusivamente no ben de todos os meus veciños e do municipio”.

BIOGRAFÍA E TRAXECTORIA POLÍTICA

Gandeiro de profesión, nado en Portomarín, o 31 de xuño de 1965, Juan Serrano é empresario. Ten tres fillos. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou por primeira vez a candidatura dos populares deste concello, ao relevar ao por entón alcalde Eloy Rodríguez. 

No ano 2011 recuperou a alcaldía e, logo da conformación dun equipo unido e sólido, foi quen de obter a confianza maioritaria dos veciños desta localidade.

Dende maio de 2013 é o presidente da agrupación local neste municipio e no que atinxe ao comité executivo está nomeado coordinador sectorial de industria.