Burela, 3 de marzo de 2015.- O Partido Popular de Burela “tén xa avanzadas boa parte das liñas básicas do seu programa electoral, e será, unha vez máis, un progama baseado no que lles importa realmente ás persoas”, afirmou o actual alcalde e candidato á reelección, José María González Barcia, logo de reunirse onte con colectivos e asociacións que traballan no ámbito dos servicios sociáis, a discapacidade, ou atención a determinadas enfermedades. Barcia agradeceu a asistencia e participación activa dos colectivos presentes, que foron a práctica totalidade dos que hai en Burela neste ámbito de actuación.
Na reunión de onte, que foi unha vez máis mui positiva, deuse un paso significativo na recollida de ideas de cara ó programa electoral, tendo en conta que os servicios sociais, en toda a súa amplitude, afectan de forma directa a unha grande parte da poboación, indicou Barcia.
González Barcia manifestou que “nestes catro anos temos traballado simultáneamente para sentar as bases dun futuro sólido, ordenado e sostible para Burela, pero sen esquecer ás persoas, como o demostra o alto nivel que temos en servicios sociais ou actividades de educación. Agora toca centrarnos máis directamente nas persoas, sen esquecernos dos intereses xeráis”.
O alcalde e candidato popular cré que “a mediados deste mes podemos ter mui avanzada a redacción do programa, porque as cousas se están facendo con moito rigor e con seriedade. Tampouco temos unha prisa excesiva por pechalo, precisamente por ese rigor que estamos tendo á hora de recoller ideas. En todo caso, faremos a oportuna presentación das liñas básicas dentro do calendario de traballo marcado polo partido a nivel provincial e autonómico”.