Partido Popular de Lugo

A Xunta confirma a Miguel Cela que investirá 160.000 euros no arranxo da estrada que une Becerreá con Vilar de Ousón

Santiago, 02 de marzo de 2015.- O candidato popular á alcaldía de Becerreá, Miguel Cela acompañado do secretario xeral do Partido Popular na provincia de Lugo, Jose Manuel Balseiro, mantiveron esta mañá un encontro co director da Axencia Galega de Infraestruturas (AGI), Francisco Menéndez para comprobar o estado da petición de arranxo da estrada que une o núcleo de Becerreá con Vilar de Ousón.

O responsable autonómico confirmou que os servizos técnicos da Axencia elaboraron un proxecto de mellora desta estrada –que conta cun orzamento inicial previsto de 160.000 euros– e quen sinalou tamén que a intención deste organismo é iniciar as obras de arranxo en canto as condicións climatolóxicas así o permitan.

O candidato popular impulsou esta xestión diante do organismo da Xunta encargado da mellora da rede viaria autonómica co obxecto de trasladarlles de primeira man as peticións dos veciños da zona, que daban conta da necesidade de actuar nunha vía deteriorada co paso do tempo e coa intensidade de circulación de vehículos, nun treito de gran uso pola poboación da zona.
Miguel Cela agradeceu a boa acollida da solicitude formulada ante a Axencia de Infraestruturas e puxo en valor a sensibilidade do director deste organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, comprometida na mellora da rede viaria autonómica en beneficio dos veciños deste municipio lucense

REUNIÓN COS VECIÑOS

Tanto o secretario xeral do PP de Lugo como o candidato do PP á alcaldía de Becerreá, Miguel Cela, xa tiveron oportunidade de comprobar in situ a situación da estrada autonómica LU-632 tras reunirse cos veciños da zoa fai varias semanas. Un encontro que tamén serviu para adquirir o encargo de dar traslado desta demanda á Xunta, feito que se materializou no día de hoxe, con este frutífero resultado.