Cervantes, 25 de febreiro de 2015.- Logo de saber que os grandes mestres e expertos de Cervantes en teitar e reparar pallozas non son os adxudicatarios para facer estas labores nestas construcións, o portavoz do PP neste municipio, José Fernández, lamenta profundamente que a Deputación de Lugo non valore a súa experiencia, profesionalidade e o seu mérito.
O popular critica que no pliego de condicións deste proceso no se recolle como condición á hora de adxudicar o contrato o bo facer dos teitadores, téndose tan só en conta os seguintes criterios: o prezo, cunha puntuación 60; as melloras de obras, cunha puntuación 30 e o plan de comunicación da obra, cunha puntuación 10.
Así as cousas, e de confirmarse o resultado da mesa de contratación celebrada esta mañá no Organismo Provincial, o adxudicatario non é un destes polo que os teitadores do municipio, todo uns clásicos e que foron contratados incluso pola Comunidade Autónoma veciña para reparar as pallozas de León, non se tiveron en conta.
O popular manifesta que esta situación dase polo total descoñecemento da Deputación de Lugo no proceso deste tipo de restauracións, que nin sequera valora un oficio tan específico e artesanal.
José Fernández deixa claro que defende, como non podía ser doutra forma, a reparación urxente das pallozas pero insiste en que o Organismo provincial tiña que ter tido en conta nos criterios de adxudicación a estes clásicos teitadores, a parte, de que está desaproveitando unha oportunidade para xerar riqueza na zona.